1 abr 2010

Un viejo que leía novelas de amor.

Onte lía Un viejo que leía novelas de amor de Luís Sepúlveda e víñanme á cabeza miles de temas dos que pode tratar un libro. A lista era tan inmensa que case me mareo. E era tan inmensa porque moitos dos temas non existían. É un dos mellores aspectos do cerebro humano: ser quen de inventar cousas que nada teñen que ver coa realidade e que nos permiten evadirnos dela. 
E que fora tan inmensa producíame certa sensación de acougo por saber que sempre ibamos ter libros para ler, viaxar (no espazo e no tempo), rir, chorar, odiar, amar ou simplemente soñar. 
Todo o contrario do que me pasa coa música. Nun daqueles días nos que aprendía a tocar a flauta ocorréuseme que era imposible que as combinacións de notas fosen infinitas. Xa sei que é unha idea pouco coherente, pero o meu eu de Primaria non coñecía a existencia das diferentes tons e escalas. De todos os xeitos, aínda hoxe cando leo algunha nova de que algún grupo é acusado por plaxiar a canción doutro, vénme á cabeza esa idea e dáme por reconsiderala. 
Será como a hipótese do señor James Lovelock: para cando o ser humano destrúa definitivamente a Gaia, nós xa non estaremos aquí. De se acabar a posibilidade de crear cancións novas, nós xa non estaremos aquí.

3 comentarios:

Lorena dijo...

Pero si que si o da música, ou dá a impresión, pero a min tamén me dá esa impresión cos libros, ijual é un pouco máis difícil de chegar a ela, pero.

promina

Lorena dijo...

jajajaj pois non sei, eu aljunha ves entro pero tantas ijual no eh jajajaj. Ademais sabendo o ben que anda o teu contador... Pero ahora éntrache xente de blogs importantes e cousas ehhh, asíi que :D

cattorde

E si nos matan un día por poñer todas as cousas destas? Ou hai infinitas? Porque si fora un... aljo, pero son imágenes aasí que non son infinitas non? Dijo eu eh, dijo eu jajajaj

Lorena dijo...

E vouche ter que poñer todos os videos do vimeo a ver si así os ves! ;)

inephy