Que bonita nos está a quedar a fotonovela! E é que a primeira foto (polo menos) vai ser preciosa!

Agora creo que vamos abaixo a preparar Panpizzas
de bacon, de atún (creo que Fátima está a sacar salchichas da nevera tamén)... porque ás veces tamén nos dá por cociñar cando quedamos para facer este tipo de cousas. Pero é o normal non? Quedar para facer un traballo (que neste caso non é un traballo, é un pasatempo) e poñerse a facer outras cousas. Raquel a andar no Tuenti porque na súa casa non lle debe ir moi ben, e os demáis vagueamos un pouco... para logo ter que facer todo a última hora. Debe ser que nos gusta o risco, iso de crer que non vai dar tempo pero coa esperanza de que si.
No hay comentarios:
Publicar un comentario