Estes días andamos a preparar a sección estrela da Impinxidela '10. Hai dous anos foron os "Parecidos razonables"; o ano pasado, os "Babyprofes"; e este ano son os "Profesores de película!".
Resulta que os poñemos de un en un diante dunha pantalla branca, mirando sempre ao infinito ("ponte así, mirando ao infinito"), e lles sacamos un par de fotos.
Están a participar bastantes. Algúns nin saben que imos facer pero déixanse sacar a foto igual.
Están a participar bastantes. Algúns nin saben que imos facer pero déixanse sacar a foto igual.
Moitos séntense artistas ("Pose en plan profe ou en plan artista?", "De frente ou medio ladeada como unha artista?"). A outros tantos dálles a risa ("Buf! Espera que me dá a risa! HAHAHAHA... vale, xa está.", "Mira, Elvira se está riendo!", "No te rías porque entonces me río y ya no me sale!", "Mira la otra como se parte el culo..."). Algúns vense sacando fotos de carné, ou incluso no cárcere! ("Primeiro de fronte, logo de perfil. Isto é como no cárcere."). Están os tímidos ("Pero hai que poñer posturiñas?", "Veña, acaba rápido que a min non me ghusta sacarme fotos"), os hiperactivos ("A ver como me poño? De pé? Sentando? De rodillas?"), e, sobre todo, os coquetos ("Mi nariz de Cleopatra que salga bien afinada", "Como queda mejor? Con gafas o sin gafas?", "Sacádeme ghuapo, eh?", "A ver, vámonos poñer un pouco guapos" ou "Sácame o lado bo, eh?").
A verdade é que resulta bastante divertido. Porque non son só as horas que pasamos facendo este tipo de cousas, senón tamén as bromas que se fan despois. Como a da Física.
Pode ser que non se entenda, pero as clases de Química son as que máis probabilidades teñen para que xurdan bromas sen sentido que non se entenden dende fóra.
E vale que hai que traballar un chisco, pero sabendo o que nos rimos, sorpréndeme que ninguén máis se anime a facer estas cousas e preocúpame que para o ano ninguén se encargue delas.
- En Física é importante saber despexar.
- Como os pilotos!
- Pero en Química as matemáticas son moi sinxelas. Vedes? Despexo aquí e xa está.
- É unha pena que Luís non sexa Buzz Lightyear.
E vale que hai que traballar un chisco, pero sabendo o que nos rimos, sorpréndeme que ninguén máis se anime a facer estas cousas e preocúpame que para o ano ninguén se encargue delas.
2 comentarios:
Jo, é que... os tempos cambian, e como cambian, un día Impinxidela desapareseu e como volveron a cambiar, salvámola, pero ahora que non volvan a cambiar para que desaparesa outra ves... Non pode ser! Si que é divertido, pero a min daríame moito máis a risa que a eles eh! Que a aljúns nin lles dá xD
É que estaría ben que non a deixaran de faser ahora, que van os números das revistas canda os anos xDD
Publicar un comentario