17 mar 2010

Mércores, 17 de marzo.

Creo que estamos todos un pouco fartos. Refírome a iso de levar estudando máis dun mes e medio seguido. E xa sei que isto non é nada, que é só o principio... pero tanto ten. Eu o que quero é volver a durmir toda a noite dun tirón; que me deixe de tremer o párpado inferior do ollo esquerdo cada vez que penso nun exame; que o meu cerebro volva ao seu estado natural e sexa quen de escoller as palabras axeitadas e colocalas na orde correcta; poder aguantar toda unha clase sen perder o fío da explicación por me dar o sono; durmir ata as oito da mañán e non ata as seis e media; deixar de soñar con repúblicas, exilios, guerras civís, modernistas, lúas, bombas calorimétricas e todas esas cousas.
Teño que recoñecer tamén que este cansanzo fai que nos riamos todos bastante. Como co feito de que Joserra queira ser "acelerador de partículas". Ou con conversacións do tipo "Ai! É que Santi Balmes ten uns ollos... que xa os ves vir!", "Si, ou é Santi Balmes ou é un coche". A historia de amor de primeiro da ESO...
E agora mesmo faltan 6 días, 13 horas e 38 minutos para descansar un rato.

1 comentario:

Lorena dijo...

jajajajajjajajajjajajaja buf si que me rin con eso si xDD Hai que faser un gif de Joserra aselerando partículas jajajajjajajajaj
E soñas con todo eso? Pobriña...
E levántase ás seis e media pa estudiar... que tal está...
Pero bueno, tamén sacarás mellores notas ca todos nós xDD Pero bueno, eso, ata a próxima entrada! wiwiiwiw :)

dirie