A primavera é impredicible.
Fai que sexa inestable o tempo. Miro o ceo polas mañáns, nada máis erguerme, e penso "Vaia nubes! Hoxe levo o impermeable porque chove seguro!". Miro o ceo ao medio día, nada máis saír do instituto, e penso "Pero onde van todas as nubes?! Se o sei non traio o impermeable!". É así, un día tras outro.
Fai inestable tamén o meu xardín. Onte estaba todo escuro, pardo, seco. Hoxe está todo verde e cuberto de flores, ata xuraría que vin unha fresa!
E as persoas, estas si que son inestables! Inestables de case chorar por non ser quen de escoller un texto, de pelexar por un libro no Día do Libro, de ir correndo polos corredores gritando "PIIISTAA!!" ou "Joder! PAREZCO EL CONEJO DE ALICIA!!", de bailar a Macarena no medio da clase, de pasar toda a mañán contenta e logo no último momento pedir labazadas, de cumprir 18 anos, de cantar cen veces El barquito de cáscara de nuez, de pedirlle á xente que corra, de poñerse a imitar a arxentinos e a italianos na clase, de falar italiano sen ter nin nidea (un uomo onesto, un uomo probo, tralalalalla tralallaleru, s'innamorò perdutamente d'una che non lo amava niente; cosa!), de chamarme ás doce e media para que me vaia para a casa, de ocupar despachos, de pedir cadeiras e caixóns de area, de estar toda unha mañán comendo caramelos, de contar as aventuras na facultade ou de ir escribindo poesía pola rúa.
E entre estas cousas e outras mais, quedan 29 días para que se acabe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario