O outro día descubrimos que o aburrimento puido ser a causa das mellores novelas da Historia da Literatura. Ou polo menos a nosa historia resultou ser bastante boa.
O luns despois do recreo, sen nada que facer, a Joserra non se lle ocorreu nada mellor que, despois da charla de orientación educativa da segunda hora, el o que quería era ser cazafantasmas. Eu estaba convencida de que tiña que haber un Ciclo Formativo de Grao Superior semellante a iso, e alí estaban, non un, senón varios: Supervisión e control de seres sobrenaturais, Xestión e organización de seres sobrenaturais e Mantemento de seres sobrenaturais. Resolvemos que unha vez cursado un destes ciclos, un se pode especializar nos diferentes seres sobrenaturais: fantasmas, vampiros, unicornios... E de repente soa un teléfono móbil, cun ton un tanto... sobrenatural. Aquela profesora era unha técnica en supervisión e control de seres sobrenaturais! Daí foi de onde sacamos que todos os profesores (ou case todos) tiñan un deses títulos, que era unha materia a examinarse nas oposicións. Obviamente, algún problema debería haber no cuartel xeral para que chamaran a aquela profesora e para que o noso profesor daquela hora non viñera á clase. E onde terían o cuartel xeral? Debaixo do instituto. Vale, pero como se vai? Aquí foi cando comezou un dos diálogos máis estraños da miña vida.
- Xa sabemos que eres técnico en supervisión e control de seres sobrenaturais, non sabes? Como en Cazafantasmas "chanananana, Ghostbusters!"...
- Seres sobrenaturales? No, yo más bien... naturales, nada más.
- Non disimules... Por onde entras? Tes un interruptor no despacho? Podemos pasar? É este botón? Seguro que o tes detrás dun cadro... Onde vai ese cable? Quen manda no cuartel xeral? Mándaronche para aquí dende Jerez de la Frontera porque cometiches unha neglixencia, como a Rafael Estévez en Ollos de auga? Eh?
Vese que o home non nos facía moito caso, porque se non teríanos botado dalí inmediatamente.
Ao final resulta que si, que o cuartel xeral está debaixo do instituto, é que se os seres sobrenaturais soben polos váteres dos vestiarios do ximnasio. Por iso andan cos pés mollados e por iso a David lle faltan os calzóns.
Si, pode ser que aproveitaramos máis esa hora libre estudando, facendo deberes e todas esas cousas que temos para facer... Pero isto é moito máis divertido, non? :D
3 comentarios:
Ai ó final polos do gimnasio? Non creo eh, que podan salir por calquera váter aínda, pero non creo que vaian os técnicos abaixo polos váteres dos vestuarios... imagínate que hai unha urgensia e están en clase... uhhhh xD Ijual entran por todos vale, hm...
Ahhhha, que suben os bichos, non que baixan os técnicos xD
os técnicos baixaban dando tres voltas na silla non?
Publicar un comentario