Á xente non lle gusta a chuvia e eu non entendo o porqué. Vale que non agrada que chova cando se teñen días libres e apetece saír da casa a pasear, cando se volve da clase, cando se está fóra, cando xa se teñen feitos plans para certo día, cando é verán.
Pero creo que niguén me vai a negar que non gusta espertar co son da chuvia batendo nos cristais e pensar que que ben e que quentiño se está; mirar as gotiñas estamparse contra as ventás, escorregar e facérense máis e máis grandes; ver as mesmas gotiñas esvarar segundo o coche vai collendo velocidade; saltar de poza en poza ata notar os pes conxelados; correr baixo a chuvia sen impermeable; dancing under the rain e arredor dunha farola; camiñar polas charcas e mirar as burbullas que deixan as solas dos tenis; notar a alegría na aldea cando chove e medran as patacas, os grelos ou o millo; recibir o recendo a terra e herba mollada cando acaba de escampar; ou imaxinar por que chove, que son anxiños que fan pis, ou marcianos con regadeiras.
A verdade é que vivir en Galicia e non disfrutar da chuvia é ter unha cruz. Pero, en realidade, a nosa chuvia é unha especie de bendición.
1 comentario:
A min jústame. Unhas veses máis que outras, pero jústame, e jústame mirar como chove e como cae a ajua polas costas, e... mirala, sin máis :)
Pero para juapa y para mirar, mejor a ti, Elvu! FELISIDADEEES (L)
Publicar un comentario