O outro día demos clase de Ciencias da Terra no laboratorio de Bioloxía. Loli tardou un pouco e Fátima púxose a xogar con Aniceta (si, puxémoslle Aniceta á señora que amablemente se deixa tocar os órganos para que aprendamos). O nombre do bebé non me acorda. Sei que a Rodrigho o esquelete o puxen mirando pola ventá para que non se aburrise. Bueno, resulta que Fátima lle quitou o estómago a Aniceta e lle caeu todo o que tiña dentro: fígado, intestinos, páncreas, pulmóns, corazón... ata os aparellos reprodutores. Así, en plural, porque tamén decidimos que Aniceta era hermafrotida. E así, entre unhas cousas e outras, decidimos dar clase "co pene de Aniceta na man".
As clases de Ciencias son así, un pouco especiales (pretty ou rather, que aprendemos hoxe en Inglés). Así como das de Bioloxía sempre recordaremos os "cuida tu vocabulario", de Ciencias recordaremos os momentos filosóficos. Porque eses sí que son filosóficos, e non o que eu escribo aquí (eh, Ra?). Como aquela frase do artigo de Rosa Montero publicado no País El Semanal: "La oscuridad nos envuelve a todos, pero mientras el sabio tropieza en alguna pared, el ignorante permanece tranquilo en el centro de la estancia". Cantas veces non se repetiría esta frase dende aquel día? Sobre todo díselle a José, que o pobre é un pouco pechado de mente. Os contraargumentos que lle damos para desbancar o que el di para xustificar as corridas de touros darían para escribir un libro. Pero iso xa é outro tema.
E tamén recordaremos os momentos nos que pasamos de estar falando dos clorofluorocarbonados a debatir se unha muller está máis guapa con ou sen maquillaxe, a por que os homes aguantan menos a dor; os momentos dicionario, de traducir "hollín" por "follín" (os graciosos inconvenientes de ter un libro en castelán e dar as clases en galego).
Xa non deste ano, senón do ano pasado, acordarémonos das clases de Bioloxía-tutoría. Porque cando non tes tutora (máis ben, cando tes unha tutora que non exerce como tal), sempre é agradable e agradécese ter xente amable sempre dispoñible a axudarte con calquera tema.
1 comentario:
Eu póñome mala lendo esto... porque eu tamén quería, e que teño unha cantidade grande de celos... non me vou poñer filosófica porque estou escoitando música... e pérdome, e tampouco sei moi ben o que escribo porque teño que estar concentrada... e ahora mismo teño moitas cousas na cabesa... pero bueno, ó que vamos... si que senta ben ter personas así na túa vida... eu xa os teño en menor medida... pero... un recuerdo moi jrande e moi bonito... ves como me perdo e dijo cousas non coherentes? boh...
Publicar un comentario