Hoxe Rá invitoume a estudar na biblioteca de Ribeira. Eu non sabía se ir ou se estudar na casa porque non me convencía a idea de ler nun lugar tan cheo de xente, pero ao final fun, para probar.
E tiña razón: demasiada xente estresándose ao mesmo tempo. Eu, que estou acostumada ao silenzo que me proporcionan os tapóns á hora de estudar, non facía máis que distraerme escoitando pasar apuntes, sacar libros, pousar bolígrafos, continuos murmurios incomprensibles, coches pasando pola rúa, a porta da entrada, o neno da trompeta. E aquela calor que non afogaba cos ventiladores!!
A pesar disto, non foi unha tarde mala. Pensar en que estiven estudando catro horas seguidas e que aínda recordo algo faime sentir ben. Ao igual que saber que non estou sufrindo eu soa, que hai máis xente que ten que estudar o mesmo ou incluso máis. Son cousas que non conseguiría e que non sabería se estudara na casa.
Raquel non conseguiu tanto. Queixábase porque só resumiu medio tema da transición en toda a tarde. Pode que fora culpa miña: cando comecei coa bioquímica non facía máis que preguntarlle se recordaba tal cousa, ou tal outra do ano pasado. Aínda que foi ela quen me distraía ao principio coas súas cousas, cando andaba coa Historia a voltas.
Posiblemente volva, non todos os días pero algún si. É unha forma de estudar de forma continua, de evitar buscar na Rede calquera cousa que se me ocorra, e de compartir sufrimento con outra xente :)
2 comentarios:
Deixín... bueno, sacadas aínda teño unhas cuantas máis pero é que me dá peresa subilas xD Pero volverei eh... :)
Ahora vou ler o que escribistes e xa che comento de novo:)
Ai eh, eu é que... non xD Ijual probo un día pero nah
Publicar un comentario