Xa está. Oito meses esperando o momento e marcha nun abrir e pechar de ollos. É certo que por unha parte está ben que sexa así: que os nervios de antes do exames, os nervios de durante os exames e os nervios de despois dos exames, a úlcera do exame de Castelán, a xente a chorar, Charo II, Carlos e Ángel, as camas e as duchas da pensión, as malas noites, pasaran tan rápido.
Pero está claro que foi unha experiencia inesquecible. A nosa primeira aventura pseudouniversitaria! Ter o refuxio a 5 minutos da Facultade, e tamén poder dicir "Eu xa almorzo un café na Facultade" :)
E non hai nada comparable a saír dun exame coa sensación de telo ben feito, de comparar resultados e coincidir, de recibir a folla das preguntas e pensar que a vida non pode ser máis bonita. Ou a estar once horas facendo ou esperando exames, e recibir visitas (sorpresas e non sorpresas) de xente que aprecias, e que ven nada máis que para darche ánimos (moitísimas grazas!!). E ter alguén aí sempre para axudar. Os compañeiros da fila de diante. Chegar á noite e reunirnos nunha habitación para facer tonterías. Chegar á mañán e contar as tonterías que cada un fixo na súa habitación ao irnos deitar (polo que teño oído, eu recoméndovos que non durmades con Miguel ;D). Raquel e Monti Castiñeiras. Numerar follas de apuntes en vez de estudalos. Maquillar compañeiros e beber catro litros de zume de naranxa. Dar misa en pixama e tirada na cama. Estudar e ler libros (oh! Ler libros! ^^) no cuarto de baño. Chamar ao instituto e que non se nos recoñeza ou que nós non recoñezamos. Dicir a primeira cousa que nos vén á cabeza por non ter forzas para filtrar contidos. E moitas outras cousas que o meu canso cerebro non é quen de recordar, pero que xurdirán en calquera momento e non poderei evitar sorrir.
Dende logo, quen nos dixo que ir a Selectivo merecía moito máis que a pena non podería ter máis razón!!
2 comentarios:
Jo, macha, como che pensa o serebro. A min creo que me fan falta uns poucos días pa que volva recuperarse... si é que aljún día estuvo ben.
Jobá, pero si que molou, eu creo que nin siquera estuven nerviosa, ou polo menos non moito, si eso un pouquichiño no de dibujo porque quería sacar unha notaza e dábame un pouco de medo suspender, pero namáis.
E buaaaa... eso, que como molou, que ben o pasín ña :D Xa solo onte aí ca orquesta e todo buu:)
Eu volvo cando queirades, que hasta foi entretenido faser os exámenes:)
jo e que si que foi unha experiensia guai... sin contar ciertos momentos, pero foi diver...que a min hasta me dou pena irme do Charo...Xa me afixera a estar alí naquela cama tan inmensa...e tamén me afixera á miña mesa da aula 1 da facultade de dereito... sipital...
Que si que foi divertido jo :)
Publicar un comentario