9 ene 2011

9 de xaneiro.


Aí está. Aló van as vacacións. Quédame o bo recordo de telas comezado antes de tempo e de ir de parranda matutina, vespertina e nocturna :) Hai unha cousa que aínda non decidín: non sei se me queda bo recordo de ter un Nadal como os de sempre, ou se me queda un mal recordo por non ter estudado nada nestas tres semanas. Supoño que o descubrirei cando faga todos os exames e vexa as notas. 
Polo de agora confórmome pensando en cando David e eu recibimos a Fátima e a Lorena e inauguramos as vacacións. Ou en entrar e saír de tendas inmediatamente. As mandarinas de nadal, con follas, follas. Volare, oooh! Todas as películas e temporadas e temporadas e temporadas de series que vin metidiña na miña cama. Ir con Fátima a Santiago, pasalo xenial e acabar fatal, fatal. Fin de ano. Primeiros de ano no Triskel. A danza kuduro esa. E si, sobre todo a parrada pre-parranda preexames, e a parranda preexames. 
Xa, xa sei que me paso poñéndolle nombres as parrandas, pero axúdame a recordalas mellor :)

2 comentarios:

Lorena dijo...

Follas! Follas! Follas! Eu de toda a navidad quédome con eso JAJAJAJA, no home :D:D
Eu creo que me perdín un pouco na parranda preparranda...? .___. Cal foi esa?:DDD

Fátima dijo...

jajajajjaajaja foron unhas supernavidades :DDD