Acábaseme de ocurrir iso. Que que me pasou no día de hoxe o ano pasado. E supoño que en momentos como este é cando me alegro de que unha tempada da miña vida fora adicta a Fotolog. Pois o ano pasado por estas datas andaba eu enganchada a Chuck e vese que un pouco estresada cos exames. Recordaba un exame de Galego, o de cando me rompeu o teclado. E vese tamén que estaba preocupada polo libro de Bioloxía, que aínda non me chegara (pero xa fixera un exame?), ata tal punto que tiña pensado escribir tres libros: A outra Lola a Recamana, O fantasma do alcalde e A maldición do libro de Bioloxía. Á fin e ao cabo, as cousas non cambiaron moito. Non estou enganchada a Chuck porque perdín a pista de cando estreaban a segunda temporada. Aínda vin un capítulo o venres en Calle 13. Que si estou agora estresada cos exames? Pois non sei. Digamos que o de Historia do mércores non me atrae moito... Pero sempre hai días para desconectar, aínda que só sexa un pouco. Como o día que fomos facer o traballo de Xeoloxía a Corrubedo.
Ei, que temos que facer a enquisa!
Ei, que temos que facer a enquisa!
1 comentario:
Jo, tíñache un título pa un cuarto libro pero olvidóuseme. A ver si se acorda Raquel, porque llo dixen a ela e dixome "o meu xa se vai titular..." ... así que...
Eu si vou mirar ó fotolog que me pasou fai un ano sejuro que son todo fotos de premieres e cousas, xa sabes, así que xDDDDD Bueno eso ala, a ver si poño o contador no da impinxidela puerca
Publicar un comentario