31 oct 2010

A xirafa que de pronto comprendeu que todo é relativo

Por iso de que unha se pon a remexer nas carpetas do ordenador mentras recorda cousas, cheguei ata isto :)
Hai moito tempo, nun país afastado, vivía unha Xirafa de estatura regular pero tan descoidada que unha vez saíu da Selva e perdeuse.
Desorientada coma sempre, púxose a camiñar ás toas de aquí para alá, e por máis que se agachaba para  atopar o camiño non o atopaba.

Así, deambulando, chegou a un desfiladeiro onde nese momento tiña lugar unha gran batalla.

Malia que as baixas eran cuantiosas por ambos bandos, ningún estaba  disposto a ceder un milímetro de terreo.

Os xenerais arengaban ás súas tropas coas espadas no alto, ao mesmo tempo que a neve se tinguía de púrpura co sangue dos feridos.

Entre o fume e o estrépito dos canóns víase desplomárense os mortos de un e outro exército, co tempo xusto para encomendar a súa alma ao diabo; pero os sobreviventes continuaban disparando con entusiasmo ata que a eles tamén lles tocaba e caían cun xesto estúpido pero que na súa caída consideraban que a Historia ía recoller como heroico, pois morrían por defender unha bandeira; e
efectivamente a Historia recollía eses xestos como heroicos, tanto a Historia que recollía os xestos de un, como a que recollñia os xestos do outro, xa que cada lado escribía a súa propia historia; así, Wellington era un heroe para os ingleses e Napoleón era un heroe para os franceses.

A todo isto, a Xirafa seguiu camiñando, ata que chegou a unha parte do desfiladeiro en que estaba montado un enorme Canón, que nese preciso instante fixo un disparo exactamente uns vinte centímetros enriba da súa cabeza, máis ou menos.

Ao ver pasar a bala tan cerca, e mentres seguía coa vista a súa traxectoria, a Xirafa pensou: "Que ben que non son tan alta, pois se o meu pescozo medise trinta centímetros máis esa bala teríame voado a cabeza; ou ben, que ben que esta parte do desfiladeiro na que está o Canón non é tan baixa, pois se medise trinta centímetros menos a bala teríame voado a cabeza. Agora comprendo que todo é relativo."


Augusto Monterroso, A Ovella negra e demais fábulas (trad. Impinxidela)

No hay comentarios: