2 oct 2010

De novo.

O outro día Lorena berroume porque xa hai case dous meses que non escribo aquí. A min non me preocupa. Non me sinto obrigada a usar o blog. É a verdade é que non tiven moito tempo. As clases lévanme a maior parte do tempo, e o resto só me apetece tirarme no sofá e non facer nada.
Si, a vida universitaria está ben. A convivencia no piso non está nada mal e vivir en Santiago tampouco. Acabei por ver o chan do piso moito máis novo que os primeiros días (incluso aquel día que me aburría  e me puxen a levantar tabliñas no cuarto do medio). E non pelexo tanto coas tixolas e as tarteiras como fan elas; é máis, os tuppers e mais eu levámonos moi ben. 
Pero ter tantas horas de clases e de prácticas non me parece algo racional, e máis cando outros Graos non teñen máis que dúas ou tres horas ao día. Marchar para a clase e pensar que elas van estar toda a tarde na sala a ver a novela é o peor que podo facer. Tamén o de ter un piso con paredes de papel e uns veciños co costume de cantar coa voz no ceo a todas as horas do día. E o de non estar na casa, ou non ver aos amigos todos os días.
Para máis nostalxia, estes días non fago máis que soñar co instituto e coa súa xente. E reunímonos os seis de tanto tempo para contarnos as aventuras dos primeiros días e pasamos unha das mellores noites da temporada. Supoño que son estas cousas as que me van comendo por dentro ao longo da semana e as que fan que o autobús me tarde tantísimo en chegar a Ribeira. E quen me ía dicir a min que ía botar de menos Ribeira ou ir en autobús.
É igual. Teño pensado sobrevivir; a cousa non está tan mal.

1 comentario:

Lorena dijo...

Un mes muller.
E si que vos explotan un pouco ós biólogos.
E dos vesiños non te queixes que teñen un repertorio exquisito!!
Bueno, eu non me vou queixar que a miña situasión é bastante... sabática? xDDDDDD
E si que estuvo ben onte ^^
Elviii.
A escribir máis no blog eh? eh? ;)