Gústame facer magdalenas. Non só porque están boísimas, tamén porque é un proceso agradable, fácil e relaxante (menos o de cascar os ovos...). Ademáis creoq ue acabarán por converterse na comida típica das nosas festas máis importantes.
A primeira vez que as fixen foi no entroido do 2009, e, a partir dese día, estiveron presentes en algúns días importantes: fins de cursos, fins de avaliacións, nadais, máis entroidos... Precisamente foi neste entroido cando as fixen por última vez.
Nós con Maru, e Maru comendo unha magdalena :D |
Pois ben, despois de pedirmo Lorena varias veces, hoxe decidinme e volvinas facer. Non sei se o podemos tomar como unha celebración, pero si como unha despedida: este xoves Ra e eu marchamos á illa da Palma.
Deixando á parte a calor, a actividade xeolóxica interna da zona e que vaia estar 15 días trapada con Raquel, creo que van ser unhas boas vacacións. Gústame pensar que é unha das dúas illas que están máis lonxe do deserto, que é a illa máis verde e que as probabilidades de que "esperte" un volcán xusto cando imos nós alí son pouquísimas. E encántame pensar que están alí Sarai e toda (ou case toda) a xente coa que fixemos o Camiño de Santiago o ano pasado. Cantos bos momentos pasamos xuntos! :) (Como este, este ou este, ou todos estes).
Sarai ten pensado un montón de sitios aos que nos vai levar. Segundo me contou, a maioría son para comer (papas locas, arepas, batidos de fresa e un montón de cousas máis que non coñezo), así que eu vou comprando roupa de tallas grandes (isto é broma, pero boa falta me faría!). Tamén imos ir ver o Ballet de Moscú e os ananos que bailan, pasear un montón polas rúas de Santa Cruz e sacar un montón de fotos para o noso álbum de viaxes. Levo o ordenador, así que xa irei contando algunha que outra aventura.
Para máis, cando volvamos imos ter a Mika en Vigo e a Muse en Santiago.
Vai ser un bo verán, non? ;D
Para máis, cando volvamos imos ter a Mika en Vigo e a Muse en Santiago.
Vai ser un bo verán, non? ;D
1 comentario:
jajajajajajajajajajajajajjaj "como este, este ou este, ou todos estes" jajajajajjajajajajaj
E por fin te desidistes a faser as madalenas! mmmm:) E claro que vai ser un bo veránnn, empesando xa mañán, e despois viernes... ah ah ahhhh que marabillooso! :D
Pero eu non quero que vos vaiades :___________________________
Publicar un comentario