O paradoxo do aniversario establece que se hai 23 persoas reunidas, hai unha probabilidade do 50,7% de que polo menos dúas persoas delas cumpran anos o mesmo día. Para 60 ou máis persoas a probabilidade é maior do 99%. Obviamente é do 100% para 367 persoas (tendo en conta os anos bisestos). En sentido estrito isto non é un paradoxo xa que non é unha contradición lóxica; é un paradoxo no sentido que é unha verdade matemática que contradi a común intuición. Moita xente pensa que a probabilidade é moito máis baixa, e que fan falta moitas máis persoas para que se alcance a probabilidade do 50%.