Ver un anuncio ou escoitar unha canción e acordarse de Fátima :D
23 nov 2010
20 nov 2010
Si, outra vez por aquí.
Din que o bo se fai esperar, ou algo así. Eu estiven esperando dous meses para visitar o instituto. Dito así parece que estiven agardando adrede. E non, por desgracia non. Foron dous meses ben longos. Case que soñaba todos os días co instituto. Dunha vez ata quedei a durmir nel por non marchar!
E ao final chegou o desexado 15 de novembro. Bendito patrón das facultades de ciencias experimentais que me dou un día libre! Foi tal a alegría de ter un día parecido aos de 2º de bacharelato que me permitiu estar toda a semana sen ningunha preocupación. Si, igual tiña que me ter preocupado un pouco máis polo exame de onte e, daquela, non me tería asustado tanto cando me puxeron as preguntas diante.
No fondo non me importou ter estudado toda a semana, en cada momento que tiven libre, porque foi unha das mellores semanas dende hai moito tempo. A parte do meu luns 15 de novembro, foi Sir David Attenborough o responsable diso. Foi el quen me asegurou que estaba facendo o correcto, e quen me recordou que vale a pena ter tan pouco tempo libre por estar facendo o que quero.
E aínda que o que quero me permita volver cada dous meses a un dos mellores lugares do mundo, así seguirei :D
Suscribirse a:
Entradas (Atom)