penso en cousas que realmente non quero saber.
E son a primeira en admitilo:
sen ti son un trasatlántico abandonado nun cacho de xeo.
Keane
ás veces
para non sentirse triste, meu pequeno
hai que crer que as follas das camelias
bican os vidros dos autobuses.
e que despois das vías e do tren
sempre nos agardamos nós.
Estudantes do Leliadoura recollen o máximo galardón que obtiveron no concurso Corenta foron os traballos que tivo que analizar e valorar o xurado da segunda edición do festival audiovisual galego OlloBoi. Este certame está promovido polo grupo Rodaxe, formado por mestres de diferentes centros educativos da comarca. O colectivo contou nesta ocasión coa colaboración do departamento de normalización lingüística do instituto Leliadoura.Foi precisamente unha cinta presentada por un grupo de alumnos deste centro a que se fixo co galardón máis importante do certame, o premio Rodaxe. Raquel Jallas, Jonathan Vázquez, Héctor Riveiro e Mary González son os creadores de O doutor , a curta gañadora.Outro dos galardóns, o Impinxidela, concedido ao mellor traballo feito en lingua galega, foi para O gato con fame . Trátase dunha curta de animación realizada por Pablo Lado Vidal na clase de cultura audiovisual do bacharelato de Artes do instituto Praia Barraña de Boiro.O terceiro dos premios que establecían as bases do concurso era o OlloBoi do público, é dicir, o concedido polas persoas que visionaron e votaron a través de Internet. Neste caso, o galardón foi parar ás mans dun grupo de alumnos do instituto Pintor Colmeiro de Silleda, pola cinta Galegando Lipdub .