29 may 2009

A vida é como un paquete postal sen abrir. En ocasións queremos coñecer o seu contido só polo seu aspecto exterior. Cando é especialmente esperado, a impaciencia por recibilo pode con nós. E coma os paquetes, as nosas vidas non están completas asta que están pechadas, asinadas e entregadas.
A vida é tamén coma unha carreira de obstáculos. Un campo de minas do que non alcanzamos ver o final. Continuamente xorden impedimentos que nos impiden seguir adiante. As tentacións son moitas, e hai sempre alguén agardándonos ao outro lado da esquina para delatarnos.
Pero a pesares de todo, o noso peor inimigo seguimos sendo nós mesmos.

No hay comentarios: