A vida é tamén coma unha carreira de obstáculos. Un campo de minas do que non alcanzamos ver o final. Continuamente xorden impedimentos que nos impiden seguir adiante. As tentacións son moitas, e hai sempre alguén agardándonos ao outro lado da esquina para delatarnos.
Pero a pesares de todo, o noso peor inimigo seguimos sendo nós mesmos.