Suicidio
Colles o teléfono
Marcas o teu número
Falas contigo mesmo:
Decididamente, non te podes ver.
Antes de discutir
Prefires colgarte.
¿Un pequeno prexuizo
pouco premeditado
é un prexuizo aliterado?
¿Un pastor alemán é unha metonimia?
¿A Coca cola é mancha eterna?
¿Alí onde está o veneno está o remedio?
¿Se vas a Bueu nun bou vas
e se non, non?
¿Chove?
Xa escampará.
Sincronicemos os nosos reló:
ábrese o sobre e renóvase a lírica galega;
péchase o sobre, ¿como se titula a película?
Ajortoirajortoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario