29 ene 2008

A MULLER QUE VIVÍA NO FUTURO

Hai moito tempo sucedeu algo.
Naceu unha nena que vivía no futuro.
Puxéronlle de nome Manhá e a xente non se explicaba como sucedera aquilo.
Manhá chegaba á primavera antes que as flores.
E antes de que chegase o inverno, as mans de Manhá xa estaba frías.
Como ela vivía no futuro, toda a xente era como dunha época pasada.
Ela daba as respostas antes de saber as preguntas.
E dicía cousas que ninguén nunca imaxinara.
Cando Manhá ollaba cara atrás, todo estaba moi lonxe.
E a sombra da muller que vivía no futuro ía varias horas de sol adiantada.
As casas novas volvíanse antigas cando pasaba ao seu lado.
As mazás oxidábanse nas súas mans.
Manhá nunca estaba aquí e agora.
O día que Manhá morreu, a xente deixou de vivir no pasado.


Séchu Sende, Made in Galiza

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mola o texto (:

Unknown dijo...

Cal é verdadeiramente o tema deste relato?

Non acabo de ver que mensaxe quere transmitir.

Elvira Blanco dijo...

Eu creo que o vexo como unha incitación a non vivir no pasado, pero xa sabes, a interpretación dos textos é sempre moi subxectiva :)