11 jun 2010

A metade do alumnado de bacharel prepara o exame de selectividade

As probas de acceso á universidade levarán a cabo o mércores e xoves da próxima semana.

Aínda que a comarca atópese pasada por auga, o verán desconta os días para o seu inicio oficial e, mentres tanto, un puñado de mozos da comarca prepárase para afrontar unha nova etapa na súa vida: o acceso á universidade. Dos 596 alumnos que este ano realizaron segundo de bacharelato, un total de 283 decidiron presentarse ás probas de selectividade. A cifra representa a metade do número de estudantes que houbo en segundo de bacharel no período 2009-2010 e corresponde aos que lograron aprobar en xuño. De feito, non chegan a media ducia os mozos que descartaron concorrer á proba porque teñen claro que as súas opcións de futuro non pasan pola realización dunha carreira universitaria.

Agora que Raquel é famosa, pasan estas cousas... :)


5 jun 2010

Estudantes do Leliadoura analizan a biodiversidade.

Vía La Voz de Galicia.
O docente Groveiro, con algunhas das alumnas participantes
Alumnos de segundo de ESO e de bacharelato do instituto Leliadoura de Ribeira efectuaron diversos traballos sobre a biodiversidade que foron expostos onte con motivo da celebración do Día Internacional do Medio Ambiente. De coordinar as actividades encargouse o profesor Xosé Luís Groveiro.
Os estudantes de Ciencias de segundo de ESO estudaron o cambio climático e a capa de ozono. As súas conclusións expuxéronas aos seus compañeiros valéndose das novas tecnoloxías.
Pola súa banda, os alumnos de Ciencias da Terra, de segundo de bacharelato, presentaron un vídeo no que se mostran sete puntos de contaminación no municipio de Ribeira.
Os estudantes localizaron verteduras en Aguiño, Corrubedo e no peirao ribeirense. No seu traballo tamén falaron sobre os efectos negativos que os incendios forestais teñen sobre o medio ambiente tamén foron obxecto de estudo polos rapaces.
Ademais, falaron sobre o punto limpo e sobre a utilidade que teñen este tipo de espazos habilitados para depositar residuos.

Encántame, sobre todo, como está redactado o cuarto parágrafo e como explican mal o noso traballo :)
De todas formas, sempre gusta ver este tipo de cousas. E estas

oito.


pobre pequeno insomne,

que sabe de memoria os contos de legumes e princesas

e os nomes das ovellas todas

e por iso le poemas de amor, para que o arrolen

non ves que non podemos saír?

non oes a praia baixo a nosa casa?

que por deitar eu a cabeza no teu peito

o mar andou detrás da lúa para atoparnos

e así, chegou ata as lousas da quintana

onde agarda todas as noites para separarnos

e levarme dentro

ao sitio do que eu veño

e pálidas, as horas de berenguela acompañan a marea

que só descansa co sol do mediodía.

así foi o océano na cidade

-conteiche. ata que quedaches durmido.

e batía forte na fonte dos cabalos

Berlín, María Lado.

2 jun 2010

Informe sobre o estudo na biblioteca :D

Hoxe Rá invitoume a estudar na biblioteca de Ribeira. Eu non sabía se ir ou se estudar na casa porque non me convencía a idea de ler nun lugar tan cheo de xente, pero ao final fun, para probar.
E tiña razón: demasiada xente estresándose ao mesmo tempo. Eu, que estou acostumada ao silenzo que me proporcionan os tapóns á hora de estudar, non facía máis que distraerme escoitando pasar apuntes, sacar libros, pousar bolígrafos, continuos murmurios incomprensibles, coches pasando pola rúa, a porta da entrada, o neno da trompeta. E aquela calor que non afogaba cos ventiladores!!
A pesar disto, non foi unha tarde mala. Pensar en que estiven estudando catro horas seguidas e que aínda recordo algo faime sentir ben. Ao igual que saber que non estou sufrindo eu soa, que hai máis xente que ten que estudar o mesmo ou incluso máis. Son cousas que non conseguiría e que non sabería se estudara na casa. 
Raquel non conseguiu tanto. Queixábase porque só resumiu medio tema da transición en toda a tarde. Pode que fora culpa miña: cando comecei coa bioquímica non facía máis que preguntarlle se recordaba tal cousa, ou tal outra do ano pasado. Aínda que foi ela quen me distraía ao principio coas súas cousas, cando andaba coa Historia a voltas.
Posiblemente volva, non todos os días pero algún si. É unha forma de estudar de forma continua, de evitar buscar na Rede calquera cousa que se me ocorra, e de compartir sufrimento con outra xente :)

1 jun 2010

Esquecer.

A xente non sabe perdoar. Míranse á cara e aceptan as disculpas, pero non esquecen. Lorena deulle cun avión de papel a Joserra na cara e díxolle que grazas a iso fora o mellor día da súa vida. Joserra perdoouna, pero segue a recordallo sempre que pode. 
Esquecer é máis difícil do que parece. Cando está o esquezo polo medio, rara vez se consegue o que se propón: non se quere deixar de recordar cousas pero o cerebro humano non está preparado para funcionar durante tanto tempo; quérese deixar de recordar pero o cerebro humano traballa a traizón e prefire que aprendamos da experiencia.
Definitivamente, o cerebro non é unha maquina perfecta. Se o ser humano é como é, se comete os seus erros característicos, é pola forma de traballar o cerebro. E non son só erros, moitas veces acabamos por convencernos a nós mesmos de que algo é certo. Atamos cabos e, onde había discrepacias, vemos evidencias. Como a quen se lle dixo que dous famosos eran irmáns e terminou por atoparlles semellanzas. Ou aos que se lle dixo que "os de Ciencias eran máis listos que os de Letras" e agora veno tan certo como o chan que pisan. Unha imaxe que aparece tras romper o espello que se interpoñía entre ela e o seu observador.
En realidade, eu non recordo quen me dixo que "os de Ciencias eran máis listos que os de Letras", pero supoño que estas cousas non as invento eu. No fondo (moi no fondo, supoño), sei que non somos diferentes. Ben, diferentes si, pero non uns mellores ca outros. Iso si, imos nós máis preparados, en canto a coñecementos tanto de letras como de ciencias. 
De todas formas, non está ben xeralizar. Por exemplo, hoxe Raquel, estudante de letras purísimas, asistiu á clase de Bioloxía; outra cousa é que soubese facer os problemas de xenética... pero iso xa é outro conto ;)

31 may 2010

Deterse un minuto.

E se me deteño un minuto
penso en cousas que realmente non quero saber.
E son a primeira en admitilo:
sen ti son un trasatlántico abandonado nun cacho de xeo.
Keane

29 may 2010

No te metas a mi Facebook.


Unha especie de crítica a eses contactos cos que nunca falas pero dos que sabes toda a súa vida. Agora só me falta unha canción sobre esas persoas que cargan centos de fotos iguais, aos que poñen de título "Que fea salgo!", "Que horror", "Movida", aos que se pasan, aos que cambian de estado cada minuto, aos que non fan máis que enviar peticións de FarmVille, etcétera, etcétera :)

25 may 2010

Fin.

Ben, pois xa está. Hoxe fixemos o último exame do Bacharelato, e mañán deixamos de ser alumnos do Leliadoura, despois de seis anos. Pero non andamos tristeiros; todo o contrario. Foron dous meses do máis divertido. Tiñamos a cabeza tan chea de cousas importantes que só saían as parvadas. Teño que deixar constancia diso aquí: hoxe intentamos atopar a chaqueta que Fátima perdeu onte arrecendendo unha que había na sala de profes... Xa sei que... Ben, absteñámonos de xulgar...
E ao final, a terceira avaliación non foi tan mala como nola pintaran. Claro, dicilo agora, máis relaxada que en pleno agosto e con todas as asignaturas aprobadas, non ten moita validez. A miña opinión onte á tarde sería completamente diferente (estou ben orgullosa de poder dicirlle adeus á Filosofía para sempre).
Estes dous días estivemos no instituto a ver pasar as horas no banco. Hoxe xa non, que tivemos o examen de Filo e estivemos tamén no laboratorio de Química, pero onte pasamos toda a mañá sentados no banco. E a xente míranos como dicindo "É que vós non tedes casa?". E se non estamos preparados para marchar? :)
Ademais hoxe tamén estivemos a rodar a nosa curta de recordo/despedida. Pero non vou contar nada, esperemos a que esté lista e subida; así é máis sorprendente.

E en recordo destes días, deixo un video dos Luthiers, á memoria das horas no despacho do señor secretario :)

21 may 2010

vinte.

ás veces
          
para non sentirse triste, meu pequeno
                    
hai que crer que as follas das camelias
          
bican os vidros dos autobuses.
          
e que despois das vías e do tren
          
sempre nos agardamos nós.

           

20 may 2010

O OlloBoi xa ten gañadores

Via La Voz de Galicia.

Un grupo de alumnos do instituto Leliadoura fíxose co primeiro premio do certame promovido por Rodaxe.
Estudantes do Leliadoura recollen o máximo galardón que obtiveron no concurso
Corenta foron os traballos que tivo que analizar e valorar o xurado da segunda edición do festival audiovisual galego OlloBoi. Este certame está promovido polo grupo Rodaxe, formado por mestres de diferentes centros educativos da comarca. O colectivo contou nesta ocasión coa colaboración do departamento de normalización lingüística do instituto Leliadoura.
Foi precisamente unha cinta presentada por un grupo de alumnos deste centro a que se fixo co galardón máis importante do certame, o premio Rodaxe. Raquel Jallas, Jonathan Vázquez, Héctor Riveiro e Mary González son os creadores de O doutor , a curta gañadora.
Outro dos galardóns, o Impinxidela, concedido ao mellor traballo feito en lingua galega, foi para O gato con fame . Trátase dunha curta de animación realizada por Pablo Lado Vidal na clase de cultura audiovisual do bacharelato de Artes do instituto Praia Barraña de Boiro.
O terceiro dos premios que establecían as bases do concurso era o OlloBoi do público, é dicir, o concedido polas persoas que visionaron e votaron a través de Internet. Neste caso, o galardón foi parar ás mans dun grupo de alumnos do instituto Pintor Colmeiro de Silleda, pola cinta Galegando Lipdub .

15 may 2010

Da contaminación.

O xoves fomos sacar fotos e gravar videos polo concello para facer un traballo de Ciencias. A intención era conseguir zonas contaminadas e ademáis entrevistas a xente que tivera algo que ver con iso. E para iso fomos a diferentes empresas, todas elas relacionadas dalgunha maneira co mar, e en todas elas recibimos evasivas e negativas. Polo menos non nos pasou como a Fátima cando lle sacou unha foto á depuradora da fábrica de Ignacio G. Montes e lle saíron os empregados para que subira a ver ao xefe. Porque así visto dende aquí é divertido, si, pero quen nos vería a todos nesa situación!
Tampouco é que teñamos que sentirnos desanimados por non conseguir . Mais ben temos que consideralo un aspecto máis do traballo: por que as empresas non queren falarnos de residuos? Aaahhh.... :)
Logo xa non en empresas, recibimos un trato máis ben bo. Creo que coincidimos todos en que Manolo o do punto limpo de Xarás foi a persoa máis amable de toda a tarde. E logo o venres na casa do concello... ben, tivéronnos a voltas un bo rato: "Segunda planta a la izquierda", "Esperadme aquí un momento", "Que es lo que queríais?", "Os llevo al técnico de Medioambiente", "Esperad aquí un ratito"... Ao final si, non? Bastante ben. Menos Fátima, que odia ao señor por dicirnos que van poñer unha depuradora na Punta. Normal que te enfades Fátima, pero non co señor :)
Así e todo foi unha boa tarde. Algúns momentos están recollidos neste video. Outros non, como o de cando quixemos ir ao muíño de Correa e non fixemos máis que andar a voltas, ou cando sacamos fotos furtivas dende o coche a aquel sitio cheo de bolsas de lixo, ou cando fomos esculcar a casa de certa persoa, ou a árbore da fertilidade, ou o cheiro a Conresa. 

9 may 2010

OlloBoi

Hai un concurso de audivisual en galego. Xa o houbo o ano pasado, e o anterior. Ben, en realidade creo que o de hai dous anos era tan só de fotonovelas, si, iso é. Pero o ano pasado foi tamén de curtas, como este.
Nós non tiñamos pensado particiar. Vale, pensado si tiñamos, o que non tiñamos era tempo. Empezaramos unha fotonovela pero non estou segura de que nos fora a dar tempo a rematala.
O caso é que o xoves á noite, eu estudando Bioloxía pero falando con Lorena ao mesmo tempo (así me saíu o exame...), decidimos que era o último ano no instituto, o último concurso, e como montaran tan ben a páxina do concurso, era unha pena non participar. Así que pensamos e pensamos, e non se nos ocurriu nada. Ata o venres á tarde. Conseguimos un actor e mercamos unha cinta miniDV. Toda a tarde a gravar.
Creo que xa botaba de menos facer estas cousas :)

Esta é unha das curtas do venres (dámosvos permiso para rir ;D). A outra aínda está sen subir.

El Estrellón. from Elvira Blanco on Vimeo.

E esta é unha que fixeron Raquel, Jonathan e Héctor o xoves pola tarde. Esta si que está chula! Noraboa :D

Actualización da entrada: Aquí está a segunda. Esta, na miña humilde opinión, é un pouco máis profesional que a das patacas x)

Unha foto na rúa from Lorena on Vimeo.

4 may 2010

3 may 2010

Elvira usó terremoto!

Todos sabemos que nesas tardes de estudo chega un momento no que xa non se quere estudar máis. Hoxe tocounos incorporar todo o de Ciencias ao mundo Pokemón :)

24 abr 2010

Parezco el conejo de Alicia.

A primavera é impredicible.
Fai que sexa inestable o tempo. Miro o ceo polas mañáns, nada máis erguerme, e penso "Vaia nubes! Hoxe levo o impermeable porque chove seguro!". Miro o ceo ao medio día, nada máis saír do instituto, e penso "Pero onde van todas as nubes?! Se o sei non traio o impermeable!". É así, un día tras outro.
Fai inestable tamén o meu xardín. Onte estaba todo escuro, pardo, seco. Hoxe está todo verde e cuberto de flores, ata xuraría que vin unha fresa!
E as persoas, estas si que son inestables! Inestables de case chorar por non ser quen de escoller un texto,  de pelexar por un libro no Día do Libro, de ir correndo polos corredores gritando "PIIISTAA!!" ou "Joder! PAREZCO EL CONEJO DE ALICIA!!", de bailar a Macarena no medio da clase, de pasar toda a mañán contenta e logo no último momento pedir labazadas, de cumprir 18 anos, de cantar cen veces El barquito de cáscara de nuez, de pedirlle á xente que corra, de poñerse a imitar a arxentinos e a italianos na clase, de falar italiano sen ter nin nidea (un uomo onesto, un uomo probo, tralalalalla tralallaleru, s'innamorò perdutamente d'una che non lo amava niente; cosa!),  de chamarme ás doce e media para que me vaia para a casa, de ocupar despachos,  de pedir cadeiras e caixóns de area, de estar toda unha mañán comendo caramelos, de contar as aventuras na facultade ou de ir escribindo poesía pola rúa.
E entre estas cousas e outras mais, quedan 29 días para que se acabe.

21 abr 2010

Dálle unha man á Terra.


Como me di Greenpeace nun correo, o noso planeta está a se enfrontar ao retos máis grandes da súa historia. Os nosos bosques  están a ser talados e os nosos océanos, explotados e contaminados imprudentemente. A caza de baleas, a contaminación do aire, o carbón sucio, a enerxía nuclear perigosa e os produtos transxénicos ameazan a calidade e mesmo sustentabilidade das vidas do planeta. O catastrófico cambio climático avístase mentres gobernos e industrias consomen tempo e recursos coa esperanzas de aumentar os seus beneficios mentres evitan os cambios necesarios refrear as emisións de carbono.

China: Coal takes more than it gives from Greenpeace China on Vimeo.

20 abr 2010

Me gusta leer.


Las palabras. Las palabras esconden historias que nos emocionan y nos hacen soñar. Las une caprichosamente la mano de un autor que decide que érase una vez va antes que una princesa en un reino muy lejano que pese a las adversidades tendrá un glorioso futuro
Coge aire. 
Las palabras son símbolos, imágenes, pero también son sueños, tus sueños, mis sueños, los sueños de un desconocido. Me gusta soñar. Me gustan las palabras. Dejarme llevar a mundos lejanos en el tiempo y en el espacio. Las palabras causan alegrías, tristeza, risas y  lágrimas. Nos hacen viajar, nos hacen dudar. ¿Conseguirá escapar?, ¿Volverán a encontrarse?,  ¿Lo logrará?, ¿Tendrá un final feliz?
La curiosidad nos deja absortos en la lectura y la intriga se apodera de nosotros. No puedes parar de leer. IMPOSIBLE. Deseas saber como acaba la historia pero al mismo tiempo no quieres que termine nunca. 
Alguien llama a tu puerta, vuelves a la realidad. ¿Quién será? ¿Por qué me arranca de mi historia? Vences a la intensa atracción que te une al libro como a un imán. Tus pies avanzan hacia la puerta pero tu mente sigue cautivada por el relato. Tres pasos: uno, dos, tres. Abres la puerta. Sonríes. Lo siento. Se equivoca.
No puedes esperar más. Te abalanzas sobre el libro como un depredador… ¿qué va a pasar? Lo abres y ante ti más de trescientas cincuenta y cuatro páginas de suspiros, doscientas cincuenta mil frases que hacen que tu corazón lata más rápido. Palabras que resuenan en tu cabeza. Me gusta la intriga. Me gusta emocionarme. Me gusta el suspense. Me gusta dudar. Me gusta imaginar. Me gusta… 
Sí, me gusta leer.  


Via Ronseis.

16 abr 2010

Roteiro Literario.

Así que onte fomos a Panxón. Foi un pouco como ler un libro, e logo ver a película, comparar os personaxes e os escenarios cos que ti imaxinabas. Pero o de onte foi moito mellor, porque eran os escenarios reais, os que escolleu Domingo Villar para A praia dos afogados; porque Domingo estaba alí, tan simpático e agradable como viramos nos videos da rede; e, aínda que non viramos a Leo, a Estévez e ao resto dos personaxes, porque estivemos onde eles estiveron e vimos o que eles viron. As vistas dende Monteferro son abraiantes, e non me sorprende que Rafa se intimidase ante tal cousa. Logo descubrir o lugar onde afundiron o barco do Rubio, comprobar que non era para nada como imaxinaramos e discutir sobre a accesibilidade do cabo a pé e en coche case todo o camiño de volta ao autobús. A praia da Madorra, o Templo Votivo do Mar e un chuvasco que non deixou indiferente a ninguén e que foi a primeira mostra do tempo que nos acompañou o resto do día. Imaxinar que comiamos no mesmo mesón onde Leo e Alba xantaban no verán. Era un restaurante bonito (non recordo o nome), cunhas vistas á praia Panxón espectaculares; mágoa de camareira: a moi repugnante non nos deixou pedir máis comida (cunha frase como "No os parece demasiada comida?"), e creo que houbo quen pasou algo de fame. 
Foi un bo día. Aínda así, a opinión da gran maioría dos meus compañeiros dista moito da miña, ben polo pequeno tramo de monte que tivemos que baixar, ben pola escasa actividade da vila,  ben polos prezos da comida. 
Para min foi un día para recordar, principalmente porque estivemos con Domingo Villar, e non todos os días estás cun dos teus autores favoritos. Tamén porque posiblemente sexa a última excursión de 2º de Bach, e polo tanto a nosa última excursión no Leliadoura; porque comezamos o noso álbum de fotos de viaxes (véxase a imaxe) e porque recibín a miña primeira devolución de Facenda: 0,06 € :)

14 abr 2010

Das charlas de orientación.

O outro día descubrimos que o aburrimento  puido ser a causa das mellores novelas da Historia da Literatura. Ou polo menos a nosa historia resultou ser bastante boa. 
O luns despois do recreo, sen nada que facer, a Joserra non se lle ocorreu nada mellor que, despois da charla de orientación educativa da segunda hora, el o que quería era ser cazafantasmas. Eu estaba convencida de que tiña que haber un Ciclo Formativo de Grao Superior semellante a iso, e alí estaban, non un, senón varios: Supervisión e control de seres sobrenaturais, Xestión e organización de seres sobrenaturais e Mantemento de seres sobrenaturais. Resolvemos que unha vez cursado un destes ciclos, un se pode especializar nos diferentes seres sobrenaturais: fantasmas, vampiros, unicornios... E de repente soa un teléfono móbil, cun ton un tanto... sobrenatural. Aquela profesora era unha técnica en supervisión e control de seres sobrenaturais! Daí foi de onde sacamos que todos os profesores (ou case todos) tiñan un deses títulos, que era unha materia a examinarse nas oposicións. Obviamente, algún problema debería haber no cuartel xeral para que chamaran a aquela profesora e para que o noso profesor daquela hora non viñera á clase. E onde terían o cuartel xeral? Debaixo do instituto. Vale, pero como se vai? Aquí foi cando comezou un dos diálogos máis estraños da miña vida. 
- Xa sabemos que eres técnico en supervisión e control de seres sobrenaturais, non sabes? Como en Cazafantasmas "chanananana, Ghostbusters!"...
- Seres sobrenaturales? No, yo más bien... naturales, nada más.
- Non disimules... Por onde entras? Tes un interruptor no despacho? Podemos pasar? É este botón? Seguro que o tes detrás dun cadro... Onde vai ese cable? Quen manda no cuartel xeral? Mándaronche para aquí dende Jerez de la Frontera porque cometiches unha neglixencia, como a Rafael Estévez en Ollos de auga? Eh?
Vese que o home non nos facía moito caso, porque se non teríanos botado dalí inmediatamente.
Ao final resulta que si, que o cuartel xeral está debaixo do instituto, é que se os seres sobrenaturais soben polos váteres dos vestiarios do ximnasio. Por iso andan cos pés mollados e por iso a David lle faltan os calzóns.
Si, pode ser que aproveitaramos máis esa hora libre estudando, facendo deberes e todas esas cousas que temos para facer... Pero isto é moito máis divertido, non? :D

7 abr 2010

Vulpix vulpix.

Creo que xa dixen por aquí un día que non comprendía o comportamento da maioría das nenas da ESO. E se non o dixen, pensei en dicilo, iso seguro. 
Pero a que vén esa forma de ser? Esa forma de falar? Non recordo que eu fose así á súa idade, e cruzo os dedos desexando que non o fose. Xa sei que porque eu non fora así non teñen por que selo os demais, pero é que queren medrar tan pronto! Non se dan conta de que están perdendo unha das mellores etapas da súa vida nun van intento por saltala. Alguén debería dicirlles o que lles está a pasar, pero posiblemente ninguén o faga porque todo o mundo é consciente de que non escoitan. Non escoitan o que non lles convén. Seguro que aos portadores do "alelo malote" si que os escoitan. E esa é outra das cousas que non entendín nunca e non entendo agora: que é o que ven neses nenos? É como a historia de amor do autobús dos mediodías.
Ela unha nena de longa melena ondulada, sensata, cuns razoamentos que non se considerarían da súa idade. El un neno roxo, de ollos azuis e tez branquísima; voz disonante e basto comportamento, mostra da entrada na adolescencia. El, namorado perdidamente d'Ela, non as ten todas da súa parte, é máis, non ten ningunha. As Outras, quen semellan estar na idade de Fulanito-y-Menganita-se-van-a-casar-el-día-de-su-voda-se-van-a-desnudar, métense con El porque saben do seu namoramento, e a súa pel branca ponse rubia como o ferro na fundición. Ademais aparece o Outro, cun pendente en cada orella, gorra faga sol ou vente ou chova, movementos á maneira de quen quere aparentar ser o que non é, e unha retención de líquidos nos nocellos tremendísima. Outro parece ser un portador do "alelo malote". Ela, que parecía diferente ás Outras, namórase de Outro. Pero El non se rende e segue a lle mandar frases ambiguas en canto á súa segunda intención, como "ten coidado co regho ao baixar...", día si e día tamén. E Outro ridiculízao tamén por querer achegarse a Ela, porque Outro tamén a quere. Ou polo menos fai que a quere. Así que El vese obrigado a esquecela, e xa non intenta sentar con ela no autobús, xa non a mira de esguello mentres Ela fala con Outro nin cando baixa e o autobús se afasta. E mentres tanto, Fátima e eu  observamos dende un par de asentos máis atrás, e sufrimos con toda esta historia, porque, no fondo, Ela é como as Outras. E non entendemos como alguén como Ela pode namorarse dalguén como o Outro.
Quizais para comprendelo teriamos que ser un pouco coma elas, e iso por nada do mundo.
As Outras. Hoxe fíxenas esperar no corredor do instituto e iso alegroume un pouco máis a tarde. Sei que é unha parvada, pero non o puiden evitar. Nin iso, nin ir dando saltiños de alegría, nin chamarlles "mini zorritas". Xa sabedes... crías Vulpix vulpix, femias, as cales nesta época do ano andan polos campos na busca de gallináceas, como pollos y pollas.

5 abr 2010

Día menos corenta e oito.

Así que esta é a fin das vacacións de Semana Santa do 2010. E neste momento a pregunta é: aproveitámolas ben? Eu creo que si. Aínda que a verdade é que creo que non fixen todas as cousas que tiña apuntadas nas miñas listas de Semana Santa, porque as perdín, as dúas. Definitivamente facer listas non serve para moito. Os primeiros días sabes o que tes que facer, nin che fai falta mirar os papeis. Pero a estas alturas, coas follas posiblemente na caixa de reciclar, o único que me quedan son os recordos destes trece días. E non sei se algún destes recordos estaba en algunha das listas.
Recordo tardes entre cartulinas, recortalas e pegalas; foi fantástico. Recordo tamén horas e horas na Morrison, e ese costume que temos agora de levar comida: Rufinos, caramelos, tortas... As desilusións de atopar os nosos sitios pechados, ou ateigados de xente. A emoción de atopar novos sitios, e de que os sitios gusten. Recordo cruzar a liña imaxinaria que separaba os 17 dos 18 e ao mesmo tempo recibir un montón de regalos, e entre eles os meus amigos. E ademais un libro cheo de marabillosos recordos e mensaxes de ánimo para o que espero sexa unha vida longa, e que sexa unha vida con eles (cos amigos, non cos recordos e coas mensaxes). Tamén recordo pasear polas rúas de Ribeira, con chuvia, vento, frío e noite. E Raquel e os seus monólogos monotemáticos, as súas teorías sobre a vida e os seus plans de futuro. Recordo unha tarde  e unha noite marcadas pola Impinxidela, e por unha mente que non paraba de traballar, de soltar ideas e de anotar cousas en recunchos aos que agora xa non son quen de chegar. Fabrizio de André e a súa Ballata dell'amore cieco, Promenade ou Walking the dog de Gershwin, Bailar pegados de Sergio Dalma, Hot and Cold de Katy Perry e o Baile da avestruz. E recordo ver as dúas últimas temporadas de Chuck (téñenme dos nervios con eses cambios na trama!); ler Arraianos de Xosé Luís Méndez Ferrín e Un viejo que leía novelas de amor de Luís Sepúlveda; e comezar a ler Corazón de tinta de Cornelia Funke e Invisible de Paul Auster.
Si, aínda que non se cumpliran as listas foron unhas vacacións estupendas.
E agora o que nos queda e coller aire. Coller aire e non soltalo ata mediados de xuño. Porque así, se vemos que nos asfixiamos, sabemos que sempre vamos ter un pouco aire de reposto. E as cousas vannos ir ben, porque mo dixo aquel borracho o un de xaneiro. "Elviriña, este vaiche ser un ano moi bo. Bo? Vai ser o mellor ano! Que cho digho eu!". E eu quero crer o que dixo aquel rapaz, e creo.

3 abr 2010

Eloxio do paraugas.

Non imos ter tempo para sentir nostalxia do paraugas. De feito, os máis previsores sempre o teñen a man aínda que logo coas présas acostuman deixalo esquecido no ascensor ou nunha cafetería, que debería ter a consideración de santuario de obxectos perdidos. Supoño que hai persoas ás que lles duran anos, pero, polo xeral, teñen unha vida moi limitada e non por esas fallas de memoria senón porque teñen que enfrontarse ás inclemencias meteorolóxicas. Daquela é cando se lembran da súa existencia. Nada máis chover senten que falta algo, unha pequena sombra na que abeirarse.
Contra o vento pouco ten que facer, é unha guerra pedida, pero cómpre saber manexalo, tornéalo como quen pon a vela dun barco a barlovento. Na liorta con Eolo adoi- ta saír perdendo. O paraugas, esa bandeira nacional que nós, os galegos, debiamos ter o privilexio de ser os seus inventores, pero non, disque foron, como non, os chineses os que apuntaron o tanto. O paraugas defínenos, non por levalo, senón polo xeito de empregalo e de lle sacar partido. Aí temos, malia o cambio climático, un futuro prometedor. ¿Por que non funcionan as fábricas de paraugas en Galicia? Seguramente pola mesma razón pola que comemos polbo de Marrocos que nada ten que ver co das nosas rías, pementos de Murcia en troques dos de Herbón ou pola mesma porque os franceses instalan empresas leiteiras no noso país. Falla de mentalidade empresarial, de non sacar proveito ao que nos une e o paraugas claro que nos une e reafirma.
¿Para que serve un paraugas? Desde logo, para non mollarse. Un bo motivo para ter en conta. Pero ten moitas outras utilidades, un recurso para agocharse: moito mellor ca un xornal para que un aprendiz de investigador privado non sexa descuberto, pero tamén pode empregarse como arma defensiva ou para darse unha aperta baixo a chuvia. Sinal de distinción. Un gentelman que se prece ten moito máis estilo cando o leva a xeito de bastón e unha muller con paraugas ten a beleza dos días perdidos. Porque ela apareceu mollada e volverá aparecer cando as tormentas volvan unilos.
¿Por que é unha gran película Cantando baixo a chuvia? Basicamente porque chove e porque Gene Kellly se serve do paraugas para realizar a mellor coreografía da historia do cine. Sen paraugas non se batuxa igual sobre unha fochanca. Un non deixa de preguntarse porque non se rodaría na rúa do Preguntoiro en troques de nun escenario de cartón-pedra. Ollamos ese ceo de neboeiros. Volve chover, non deixan de sorprendernos as treboadas. Bendita sexa, a deusa chuvia.

1 abr 2010

Un viejo que leía novelas de amor.

Onte lía Un viejo que leía novelas de amor de Luís Sepúlveda e víñanme á cabeza miles de temas dos que pode tratar un libro. A lista era tan inmensa que case me mareo. E era tan inmensa porque moitos dos temas non existían. É un dos mellores aspectos do cerebro humano: ser quen de inventar cousas que nada teñen que ver coa realidade e que nos permiten evadirnos dela. 
E que fora tan inmensa producíame certa sensación de acougo por saber que sempre ibamos ter libros para ler, viaxar (no espazo e no tempo), rir, chorar, odiar, amar ou simplemente soñar. 
Todo o contrario do que me pasa coa música. Nun daqueles días nos que aprendía a tocar a flauta ocorréuseme que era imposible que as combinacións de notas fosen infinitas. Xa sei que é unha idea pouco coherente, pero o meu eu de Primaria non coñecía a existencia das diferentes tons e escalas. De todos os xeitos, aínda hoxe cando leo algunha nova de que algún grupo é acusado por plaxiar a canción doutro, vénme á cabeza esa idea e dáme por reconsiderala. 
Será como a hipótese do señor James Lovelock: para cando o ser humano destrúa definitivamente a Gaia, nós xa non estaremos aquí. De se acabar a posibilidade de crear cancións novas, nós xa non estaremos aquí.

31 mar 2010

Noctilucente.

Que bonita nos está a quedar a fotonovela! E é que a primeira foto (polo menos) vai ser preciosa!
Creo que esta é a primeira que facemos coas cousas ben pensadas, porque a primeira fomos inventándoa na marcha, un día na casa dos avós de Fátima. A segunda... se non recordo mal, foi idea de Fátima, nunha noite de desvelo por culpa do Malibú-piña (igual que a curta do ano pasado). E non, non temos ideas só estando borrachas: a que estamos a facer agora mesmo si, xurdiu nun bar, pero bebendo Nesteas e Coca-Colas.
Así que de Noctilucente case que chega a haber storyboard.  E vai ben. Estivemos a recortar cartulinas (e cartulinos) case que toda a semana. Un cabaliños tan bonitiños fixemos! E unha xente na noria! Xa verás, xa :D
Agora creo que vamos abaixo a preparar Panpizzas de bacon, de atún (creo que Fátima está a sacar salchichas da nevera tamén)... porque ás veces tamén nos dá por cociñar cando quedamos para facer este tipo de cousas. Pero é o normal  non? Quedar para facer un traballo (que neste caso non é un traballo, é un pasatempo) e poñerse a facer outras cousas. Raquel a andar no Tuenti porque na súa casa non lle debe ir moi ben, e os demáis vagueamos un pouco... para logo ter que facer todo a última hora. Debe ser que nos gusta o risco, iso de crer que non vai dar tempo pero coa esperanza de que si.

29 mar 2010

Chuvia.

Á xente non lle gusta a chuvia e eu non entendo o porqué. Vale que non agrada que chova cando se teñen días libres e apetece saír da casa a pasear, cando se volve da clase, cando se está fóra, cando xa se teñen feitos plans para certo día, cando é verán. 
Pero creo que niguén me vai a negar que non gusta espertar co son da chuvia batendo nos cristais e pensar que que ben e que quentiño se está; mirar as gotiñas estamparse contra as ventás, escorregar e facérense máis e máis grandes; ver as mesmas gotiñas esvarar segundo o coche vai collendo velocidade; saltar de poza en poza ata notar os pes conxelados; correr baixo a chuvia sen impermeable; dancing under the rain e arredor dunha farola; camiñar polas charcas e mirar as burbullas que deixan as solas dos tenis; notar a alegría na aldea cando chove e medran as patacas, os grelos ou o millo; recibir o recendo a terra e herba mollada cando acaba de escampar; ou imaxinar por que chove, que son anxiños que fan pis, ou marcianos con regadeiras.
A verdade é que vivir en Galicia e non disfrutar da chuvia é ter unha cruz. Pero, en realidade, a nosa chuvia é unha especie de bendición. 

rain from cc912 on Vimeo.

26 mar 2010

24 mar 2010

Primavera.

Cando estabamos en 4º da ESO descubrimos o "asco do último exame". O último exame era de castelán, o mesmo día que quedaramos para grabar "Irmaus" (unha grabación que espero que nunca saia á luz). E como o seu propio nome indica, estudar para ese examen foi un noxo. Xa sei que parece unha tontería, pero non o é. Seguro que se tivera un nome un pouco máis... profesional, a cousa sería máis crible. Por exemplo, se fose "Sensación Percibida ao Estudar para o Último Exame", ou SPEUE, así, en siglas, que queda moito máis serio, semellaría o tema dunha tese de fin de carreira. 
Parece ser que despois de máis dun mes estudando a miña cabeza non solta máis que tonterías. Máis que tonterías, son evidencias. Como en Filosofía. A profesora pregunta "¿Que tienen en común la "Medicina", la "Mecánica" y la "Moral"?". Os alumnos responden "As tres empezan con M". E é verdade, outra relación non lle vexo. A profesora di que é mellor que non fagamos máis suxerencias dese tipo. E eu digo, por unha vez que intervimos nunha clase de Filosofía...
Pero agora xa está. Rematamos os exames desta avaliación. Que sensación tan... libre! Andar pola rúa sen pensar en que é o que teño que estudar despois, ou chegar a casa e poder sentar a comer con calma. E posiblemente cando me deite á noite, durmir sabendo que non pasa nada, que non me vou ter erguer a non sei que hora para pasalo mal, e erguerme sabendo que vou para o instituto sen esa carga nos ombros que é pensar que non se estudou o suficiente, que non se leva o exame ben preparado. E ler, escoitar música, tocar música, pasear, sentir a primavera, facer fotonovelas, curtas, libros, ler e respirar.

20 mar 2010

Submarino

Encántame a empresa de autobuses de Ribeira, porque nos fai pasar bos momentos. Como aquel día (no verán, creo que foi) que Raquel se quixo levantar, se agarrou ao asento de diante e levou o asento con ela. Como cando o estabamos esperando na parada do Malecón e non nos parou. Como cada vez que sube á nave a meter gasolina e pensamos "Diosmío! Onde nos está levando?!". Como cando fixemos a Adri parar un autobús e non era o noso. Como en todas e cada unha das veces que o perdín por pasar antes de tempo. Como cando esperabamos o bus de Aguiño, nos puxemos a mirar un barco que desatracaba e dixemos "Está a marchar o bus. Dicímoslle que pare? Estase a ir. Que facemos? Bueno, marchou". Como no Entroido, cando subín disfrazada de esquío e se riu todo o mundo. Ou como onte, que o estaba agardando na parada, o vin chegar e pensei "Hmm... aí ven. Por que non pon o intermitente xa? Ah, claro, é que non vai parar. Non vai parar? Non, non parou. Ah, mira, parou alí adiante, e dá marcha atrás... Bueno...". O condutor non sabía que me dicir para disculparse, e eu sinaláballe a máquina para que me cobrara pero o home nada. Ata que lle botou a culpa a Fátima e a Raquel por non o avisar non me dou o ticket.
O bo foi que resultou unha boa noite. Moitos recordos de 4º da ESO, dúas horas na Morrison, outras tantas nun sitio novo para comer bocadillos, deducir que unha xeración se botou a perder e, sobre todo, ver a Raquel bailando o baile da avestruz de Hot n' Cold mesturado co baile de Thriller.

17 mar 2010

Mércores, 17 de marzo.

Creo que estamos todos un pouco fartos. Refírome a iso de levar estudando máis dun mes e medio seguido. E xa sei que isto non é nada, que é só o principio... pero tanto ten. Eu o que quero é volver a durmir toda a noite dun tirón; que me deixe de tremer o párpado inferior do ollo esquerdo cada vez que penso nun exame; que o meu cerebro volva ao seu estado natural e sexa quen de escoller as palabras axeitadas e colocalas na orde correcta; poder aguantar toda unha clase sen perder o fío da explicación por me dar o sono; durmir ata as oito da mañán e non ata as seis e media; deixar de soñar con repúblicas, exilios, guerras civís, modernistas, lúas, bombas calorimétricas e todas esas cousas.
Teño que recoñecer tamén que este cansanzo fai que nos riamos todos bastante. Como co feito de que Joserra queira ser "acelerador de partículas". Ou con conversacións do tipo "Ai! É que Santi Balmes ten uns ollos... que xa os ves vir!", "Si, ou é Santi Balmes ou é un coche". A historia de amor de primeiro da ESO...
E agora mesmo faltan 6 días, 13 horas e 38 minutos para descansar un rato.

13 mar 2010

Trichrome Blue

Colorea o teu mundo! (:


Trichrome Blue from Lois van Baarle on Vimeo.

As clases de Ciencias.

O outro día demos clase de Ciencias da Terra no laboratorio de Bioloxía. Loli tardou un pouco e Fátima púxose a xogar con Aniceta (si, puxémoslle Aniceta á señora que amablemente se deixa tocar os órganos para que aprendamos). O nombre do bebé non me acorda. Sei que a Rodrigho o esquelete o puxen mirando pola ventá para que non se aburrise. Bueno, resulta que Fátima lle quitou o estómago a Aniceta e lle caeu todo o que tiña dentro: fígado, intestinos, páncreas, pulmóns, corazón... ata os aparellos reprodutores. Así, en plural, porque tamén decidimos que Aniceta era hermafrotida. E así, entre unhas cousas e outras, decidimos dar clase "co pene de Aniceta na man".
As clases de Ciencias son así, un pouco especiales (pretty ou rather, que aprendemos hoxe en Inglés). Así como das de Bioloxía sempre recordaremos os "cuida tu vocabulario", de Ciencias recordaremos os momentos filosóficos. Porque eses sí que son filosóficos, e non o que eu escribo aquí (eh, Ra?). Como aquela frase do artigo de Rosa Montero publicado no País El Semanal: "La oscuridad nos envuelve a todos, pero mientras el sabio tropieza en alguna pared, el ignorante permanece tranquilo en el centro de la estancia". Cantas veces non se repetiría esta frase dende aquel día? Sobre todo díselle a José, que o pobre é un pouco pechado de mente. Os contraargumentos que lle damos para desbancar o que el di para xustificar as corridas de touros darían para escribir un libro. Pero iso xa é outro tema. 
E tamén recordaremos os momentos nos que pasamos de estar falando dos clorofluorocarbonados a debatir se unha muller está máis guapa con ou sen maquillaxe, a por que os homes aguantan menos a dor; os momentos dicionario, de traducir "hollín" por "follín" (os graciosos inconvenientes de ter un libro en castelán e dar as clases en galego).
Xa non deste ano, senón do ano pasado, acordarémonos das clases de Bioloxía-tutoría. Porque cando non tes tutora (máis ben, cando tes unha tutora que non exerce como tal), sempre é agradable e agradécese ter xente amable sempre dispoñible a axudarte con calquera tema.

10 mar 2010

Pyrex

Hoxe comezamos coas "matemáticas filosóficas". Técnicamente chámanlle Análise. E a verdade é que poñéndolle o adxectivo filosóficas atribúeselle unha connotación un pouco... un pouco como a connotación da Filosofía. E é que a min non me gusta a Filosofía. Non lle quero botar a culpa á profesora, pero xa non me gustaba Ética nin Filosofía e Cidadanía. Será que veñen sendo o mesmo, non? Señores que escriben o que pensan e a xente crea escolas para ensinar o que pensan os señores...
Pero do que ía falar eu era da clase de Matemáticas de hoxe. Intentaba comprender como era que un elevado a infinito non daba un. Así que a miña cabeza facía contas "Un elevado a un, un; un elevado a un, un; un elevado a un, un; un elevado a un, un" e pouco a pouco fun levantando a cabeza ata cruzar a mirada con Pyrex.
Alí estaba ela, sorrindo. Un sorriso que non se sabe moi ben se mostra unha psicopatía ou simplemente alegría. Un ollos simplísimos, como sorprendidos; máis ben, en palabras da avoa de Fátima, son ollos "arreghalados". E o mellor de Pyrex é o bigote. Non sei que se me pasou pola cabeza aquel día, cando lle recortei o código de barras, porque iso podería ter sido unha boca perfecta.
Pyrex ten unha historia simple: foi utilizada nun experimento de Física (maldita a memoria desde experimento) e despois adoptada pola clase de 1º de bacharelato A. Puxémola enriba do armario, e alí estivo, vixiándonos uns tres meses. Ata que marchamos nas vacacións de verán. Logo cando voltamos en setembro, xa en 2º de bacharelato, funa buscar, e coloqueina riba do novo armario. Ás veces imaxino o mal que o tivo que pasar, ela soa, nun edificio tan grande e tan baleiro...e imaxino tamén o mal que o vai pasar cando nos vaiamos en Maio, pero desta vez para sempre. Así que creo que lle vou dicir a Toxo se me deixa poñela no laboratorio, porque tampouco quero sacala do seu hábitat. A quen lle gusta que o boten da súa casa? 
E isto lévame aos exiliados dos anos 30. Este tema xa leva dando voltas na miña cabeza dende que lin Tristes armas, e A revolución dos globos, e A sombra descalza, e Noite de voraces sombras. É unha das cousas que nunca chegarei a comprender. Como pode alguén decidir se quedar ou se marchar, se morrer ou deixar os teus, se abandonar os teus ideais ou levalos a onde non servirán de nada? Ás veces penso que foi mellor que isto lle pasara a aquela xente, e non a nós. Pode parecer un pouco cruel, pero eles si tiveron a iniciativa de marchar e seguir loitando polo que crian. E foi grazas a eles polo que agora nós temos a lingua que temos e como a temos.

5 mar 2010

Darlle vento a unha revista.

Estes días andamos a preparar a sección estrela da Impinxidela '10. Hai dous anos foron os "Parecidos razonables"; o ano pasado, os "Babyprofes"; e este ano son os "Profesores de película!". 
Resulta que os poñemos de un en un diante dunha pantalla branca, mirando sempre ao infinito ("ponte así, mirando ao infinito"), e lles sacamos un par de fotos. 
Están a participar bastantes. Algúns nin saben que imos facer pero déixanse sacar a foto igual.
Moitos séntense artistas ("Pose en plan profe ou en plan artista?", "De frente ou medio ladeada como unha artista?"). A outros tantos dálles a risa ("Buf! Espera que me dá a risa! HAHAHAHA... vale, xa está.", "Mira, Elvira se está riendo!", "No te rías porque entonces me río y ya no me sale!", "Mira la otra como se parte el culo..."). Algúns vense sacando fotos de carné, ou incluso no cárcere! ("Primeiro de fronte, logo de perfil. Isto é como no cárcere."). Están os tímidos ("Pero hai que poñer posturiñas?", "Veña, acaba rápido que a min non me ghusta sacarme fotos"), os hiperactivos ("A ver como me poño? De pé? Sentando? De rodillas?"), e, sobre todo, os coquetos ("Mi nariz de Cleopatra que salga bien afinada", "Como queda mejor? Con gafas o sin gafas?", "Sacádeme ghuapo, eh?", "A ver, vámonos poñer un pouco guapos" ou "Sácame o lado bo, eh?").
A verdade é que resulta bastante divertido. Porque non son só as horas que pasamos facendo este tipo de cousas, senón tamén as bromas que se fan despois. Como a da Física.
- En Física é importante saber despexar.
- Como os pilotos!
- Pero en Química as matemáticas son moi sinxelas. Vedes? Despexo aquí e xa está.
- É unha pena que Luís non sexa Buzz Lightyear.
Pode ser que non se entenda, pero as clases de Química son as que máis probabilidades teñen para que xurdan bromas sen sentido que non se entenden dende fóra. 
E vale que hai que traballar un chisco, pero sabendo o que nos rimos, sorpréndeme que ninguén máis se anime a facer estas cousas e preocúpame que para o ano ninguén se encargue delas.

2 mar 2010

Stand by me

Gústame estar subscrita ao "Planeta de ENDL via Iván en Google Reader" porque todos os días hai cousas bonitas, como isto:
 

Outra vaca no millo!

Onte pola tarde discutía con ela sobre a moda. Ela non quería poñer cousas "pasadas de moda", e poñía como exemplo unhas gafas que anunciaba non sei que óptica, que eran "como as de súa abuela". Eu fíxenlle recordar a época dos pantalóns de campana. Eses pantalóns de campana que puxeron os nosos pais nos seus tempos mozos. Logo tamén houbo a época de poñer nos nocellos os "calentadores". Eu xa teño visto fotos de miña nai (miña nai moi nova, cunha melena longuísima) con esa especie de calcetíns que non tapan os pés. E que claro, a moda vai e ven; un ciclo, dicíalle eu. 
Un ciclo pero non un ciclo perfecto. Supoño que foi unha coincidencia, pero esa mañá queixábame do mal costume que teñen os nenos de ir ensinando os calzóns, e non sei eu se existiría esta moda antes... non sei... Pero dáme a sensación de que naqueles tempos nos que non se lles permitía ás mulleres nin ensinar os nocellos (xa os podían levar tapados cunha cousa desas xD), non se lles ocurriría aos homes levar os pantalóns co tiro polos xeonllos. O que si pode ser é que esta moda "pase de moda" e que dentro de vinte anos (por exemplo) se recupere. Iso xa non o podo asegurar.
E neste momento de observación da fauna autóctona, descubrimos unha relación un tanto estraña. Foi un neno que non sei se anda en primeiro ou en segundo. O caso é que, se leva o colo do polo levantado, leva os pantalóns baixados; se leva o colo do polo baixado, coloca os pantalóns no seu sitio. Eu xa o pensei sempre: a moda é ben complicada de entender.
Resúltame tan complicado entender que alguén queira ir ensinando os calzóns como que a xente remate as frases con "que": "vai frio, que?", "pasámolo ben, que?", "é bonito o coche, que?" E así con case todas as cousas que comentan. A primeira vez que o escoitei non souben se tiña que contestar ao "que?" ou se era unha pregunta retórica. Exactamente igual que cando Plácido nos dicía "Ola chicas, que tal?"; claro, ao principio contestamos "Ben! (:", pero cando o repetiu tantas veces xa nos demos conta de que era a súa forma de saudar. Pois iso, unha "muletilla" lle chaman en castelán, que ben sendo o mesmo que o "llou" e o "lo" dos de Aghiño. 
E xúntanse a estas expresións  os refráns e as frases feitas. Son os refráns que din as nosas avoas, que seguramente dixeron as súas nais, e as nais das súas nais... E agora dicímos nós. Estou segura de que non hai nin unha soa persoa que non saiba un refrán. "A avaricia rompe o saco", "po' caso patacas", "Santo Tomás, unha e nada máis", "está a roupa tendida", "era de noche y sin embargo llovía", "cuando el río suena" e todas esas cousas que nos fixeron rir tanto aquel día en Tecnoloxía e Educación Física. 
Eu creo que "hay que cuidar nuestro vocabulario" e deixarse de ques, llous e los, non vaia a ser... non vaia a ser... (:

26 feb 2010

A felicidade e os cortes de dixestión

Así, a simple vista, unha pode chegar a pensar que que isto vai de que me dou por me poñer a deducir a relación entre a felicidade e os cortes de dixestión. Iso xa é obvio: se che dé un corte de dixestión, non eres feliz, polo menos nese instante.

Pero non, isto vai de que me tocou realizar a enquisa sobre a felicidade para a Impinxidela. A idea tívoa Nacho, dunha reportaxe así, coma esta, sobre Bután e a súa Felicidade Interior Bruta. Agora a nosa intención é calcular a FIB no instituto. E entre unhas cousas e outras comezo a preguntarlles se son felices.

Raquel, David e Lorena son felices; Noemi non o é. Así que un 75 % do Leliadoura é feliz. Pola miña cabeza empezan a pasar preguntas, aparentemente sen sentido, pero que no fondo (moi no fondo) poden ter relación con esta felicidade. A primeira delas fracasa: nin Raquel, nin David, nin Noemi, nin Lorena foron algunha vez ás setas. A segunda ten un éxito parecido: a Raquel faina feliz a comida (por iso anda repartindo caramelos de menta, para compartir a súa felicidade ;D) pero a Noemi non. A xente comeza a fartarse das miñas preguntas ("Estasme preghuntando todo o que che pasa pola cabesa?!") e nun intento por sacar a flote a miña primeira teoría, busco un último suxeito para o meu estudo preliminar: "Toxo, ti eres feliz?" "Mujer.... pues sí." "E vas ás setas?" "Uf! Asíii de veces!". Estas preguntas, que non cumpriron o seu obxectivo, conseguiron que non fixeramos nada en toda a clase de Bioloxía. Foi así un pouco como o refrán "Se un non quere, dous non discuten", só que neste caso, non quería dar clase ningún dos dous. Así que estivemos a contar contos, contos que levaron a dúbidas como "Por que doen as tempas cando bebes algo frío?", "Por que temos sono pola noite?" ou, a que vai a ser un dos temas desta entrada, "Existen os cortes de dixestión?". Vale, que se o pensas un pouco pode resultar unha pregunta estúpida. Eu tampouco mo propuxera, só o fixen cando Lorena se uniu ao grupo "Los cortes de digestión no existen, son los padres".

Eu non coñezo a ninguén ao que lle dera un corte de dixestión, tan sequera coñezo a alguén que coñeza a outro alguén ao que si lle dera. Normal que me pregunte este tipo de cousas.

Pois ben, se che interesa, resulta que si que existen, e prodúcense máis ou menos así:
1. Durante a dixestión o sangue atópase principalmente arredor do estómago e dos intestinos (por iso entra soniño despois de comer, porque diminúe o fluxo de sangue do cerebro);
2. A temperatura corporal diminúe cando nos metemos na auga do mar (a nosa refrescante e atlántica auga do mar), pero esta temperatura tense que manter a 37º C, polo que o corazón "vese obrigado" a bombear sangue á pel;
3. Se o corazón envía sangue á pel, diminúe a cantidade de sangue implicada na dixestión, de aí que esta se interrompa.
As consecuencias dun corte de dixestión van dende un mareo ata a morte, pasando pola perda de conciencia e cousas derivadas.

Así que xa sabes, se queres ser feliz e ter un FIB alto, faille caso a túa nai cando che diga que non te metas na auga despois de comer ;)

25 feb 2010

Retomando vellos hábitos

Un costume que temos moitos é o de ler as cousas que escribimos tempo atrás. Eu, por exemplo, acostumo ler as entradas do Fotolog; Raquel, que escribe en diarios, pois lerá o seu diario. Facéndoo, eu río tanto que me caen as bágoas; Raquel supoño que sorrirá, porque escribirá cousas bonitas (: (supóñoo porque non nolo deixa ler, evidentemente).

E foi iso o que me fixo escribir isto: que dentro de dous anos non recorde as cousas simpáticas que están pasando estes días. Porque me encanta pensar "Pero que ben o pasabamos en 4º!" e porque odio non poder dicir o mesmo de 1º de Bach (nese tempo xa non utilizaba o Fotolog e xa non recordo).

Unha cousa parecida a esto que intento recuperar xa a estou a facer no Facebook, recompilar frases simpáticas. Pero non é o mesmo, non? Non é o mesmo poñer simplemente unha frase (que xa sei que se é unha frase "lexendaria" se recorda o seu momento claramente) que explicar o contexto, por dicilo dalgunha maneira.

Só espero que isto saia adiante; supoño que só depende de min (e do típico comentario "fotologuero": "haberá que atualisar, non?!" :D).

Pois creo que para comezar estaría ben recordar a clase de Química. As clases de Química xa acostuman ser bastante produtivas en canto a chistes malos. Pero se lle sumamos sono, cansanzo e fame, a cousa cruza os límites, chegando a ver gracioso que sexan as 13:14 (por iso de que sexan números consecutivos), e logo "Pois cando sean as 12:34 xa chocheas", e "Son as 13:31^^" "..." "Que é capicúa!! ^^"; isto, isto ou isto; e ser capaz de dicir "Potasa, como Mr. Potato!!!!", "Pota-xa", "Por que ao NaOH se lle chama sosa se é unha sal?", "Sabes como é a fórmula da enerxía libre de Gibbs? ^^ AH-TAS!! ^^" ou cantar "Bate que bateeee, hidróxido de sodioo, bate que bateee" mentres axitamos o calorímetro; tamén cousas como "Bueno, e como funsiona o calorímetro?" "...Noemi... eso é un termómetro....".

Lía antes no Fotolog que, cando preparabamos a confirmación, a catequista nos mandaba dicir cousas polas que merecía a pena vivir. Pois eu creo que por momentos así xa merece a pena (:

19 feb 2010

Festival de variedades

Noraboa a todos polo traballo ben feito!
Aos de Thriller: ademais de quedar bonito, pasámolo ben preparándoo (:
E aquí, o Festival de Variedades do día 12 Ü

4 feb 2010

O decreto do galego

Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante a capacidade de filigrana estilística, á retórica oficial. Un bo exemplo para ilustrar o dito e para evidenciar que non hai eufemismo, elipse ou metonimia que confunda a ninguén, atopámolo no debate sobre os depósitos para os refugallos nucleares: os detractores chámanlle “cemiterio nuclear” e os seareiros “Almacén Temporal Centralizado”, pero como uns e outros saben exactamente que é o que están nomeando, finalmente só se presentan como candidatos ao cancro atómico lugares que xa o teñen enriba ou algúns que, estando agoniantes doutros males, berran aquilo de “morra Marta, morra farta”.

Esta tese fica científica e rigorosamente demostrada co seguinte experimento: se buscamos en Google “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, así, entre aspas, atoparemos arredor de vintecinco mil resultados; sen embargo, se pesquisamos por “borrador do galego” as referencias andan polo medio millón… “Borrador do galego”: eis unha xoia literaria de creación colectiva, un sintagma preciso e nidio, un xenial compendio metafórico sobre a verdadeira filosofía de fondo do tal documento. A xente fai “maghas” co idioma. E a xente non se “borra” cun decreto.

Luis Rei

8 ene 2010

People's Choice Awards 2010

Favorite TV Drama Actor - Hugh Laurie wins and House is announced as the Favorite TV Drama.
People! This is an absolutely magnificent honor! Thank you so much! This award for the best dramatic actor I would like to dedicate to the wonderful cast, producers, writers and crew, because they're truly fantastic and an honor to work with. The other award that we got for the best television drama I would like to dedicate to me because I am... well, without me there's nothing! And I am truly fantastic and an honor to work with.

18 dic 2009

¡Oh! El rosbif de Inglaterra, el rosbif de la Vieja Inglaterra.

El carburante con el que funciona la ciencia es la ignorancia. La ciencia es como un horno hambriento que hay que alimentar con troncos del bosque de la ignorancia que nos rodea. En el proceso, el claro que llamamos conocimiento se extiende, pero cuanto más se extiende, más largo es su perímetro y más ignorancia se hace visible. Antes del descubrimiento del genoma no sabíamos que en el corazón de cada célula había un documento de una longitud de tres mil millones de letras de cuyo contenido no conocíamos nada. Ahora, después de haber leído algunas partes de ese libro, tenemos conocimiento de una miríada de nuevos misterios.
El tema es el misterio. A un verdadero científico le aburre el conocimiento; lo que le motiva es el asalto a la ignorancia, los misterios que han revelado los descubrimientos previos. El bosque es más interesante que el claro. En el cromosoma 20 se encuentra un bosquecillo de misterio tan irritante y fascinante como ninguno. Ya ha merecido dos premios Nobel simplemente por la revelación de que está ahí, pero se resiste tenazmente a que lo talen para convertirse en conocimiento. Y, como si nos recordara que el conocimiento esotérico tiene la costumbre de cambiar el mundo, un día de 1996 se convirtió en una de las cuestiones políticas más incendiarias de la ciencia.
Genoma, Matt Ridley

12 dic 2009

A falta de pan, boas son galletas

Ves, se ao final non me vai dar tempo a rematar a lista. A Londres xa non vou, non sei se haberá por aquí unha rúa que se chame Londres, e xa me conformaba... A paralela á Berlín en Santiago, xa está! :).
E se consideramos que aos Pirufláuticos importantes internacionalmente... :D
O xersei de lana pódoo comprar, e a asignatura suspensa... déixame esperar que nunca se sabe.
Xa sei que facer trampas non está ben, pero tamén hai que ter en conta de que algunhas cousas si que as cumprín, como a curta de Lorena correndo polo monte ou o camiño de Santiago, que xa é bastante importante XD

9 dic 2009

CSI: Miami


- How could he murder his wife if he was making a phonecall 3000 miles away?
- Maybe he reached out... and killed someone.

:D

2 dic 2009

Wilson

- So, why are you here?
- The operation is in two hours and I'd like that you'd be there with me.
- No.
- Wha... Why?
- Because if you die, I'll be alone.

27 nov 2009

Epson!

E alí quedaba, resignada nunha esquina. Probablemente non se use máis, ou pode que o chico a use para pezas. Cantos anos non levabamos xuntas? Polo menos 6! E cantos traballos non fixemos e imprimimos? Cantas fotos? Os recambios dos seus cartuchos de tinta valíanme 4,50 euros cada un. Usaba catro: un negro, un amarelo, un azul e un maxenta. E agora esta usa dous: un negro e un de color. E valen vinte euros cada un, porque é tan nova que os chinos aínda non plaxiaron o formato de cartucho. Era unha Epson, bonita, sinxela e práctica. Foi unha boa impresora.

Deliro? Igual debería ir durmir, polo menos un día á semana non ven mal...

14 nov 2009

Hoxe fai un ano...

Acábaseme de ocurrir iso. Que que me pasou no día de hoxe o ano pasado. E supoño que en momentos como este é cando me alegro de que unha tempada da miña vida fora adicta a Fotolog. Pois o ano pasado por estas datas andaba eu enganchada a Chuck e vese que un pouco estresada cos exames. Recordaba un exame de Galego, o de cando me rompeu o teclado. E vese tamén que estaba preocupada polo libro de Bioloxía, que aínda non me chegara (pero xa fixera un exame?), ata tal punto que tiña pensado escribir tres libros: A outra Lola a Recamana, O fantasma do alcalde e A maldición do libro de Bioloxía. Á fin e ao cabo, as cousas non cambiaron moito. Non estou enganchada a Chuck porque perdín a pista de cando estreaban a segunda temporada. Aínda vin un capítulo o venres en Calle 13. Que si estou agora estresada cos exames? Pois non sei. Digamos que o de Historia do mércores non me atrae moito... Pero sempre hai días para desconectar, aínda que só sexa un pouco. Como o día que fomos facer o traballo de Xeoloxía a Corrubedo.
Ei, que temos que facer a enquisa!

2 nov 2009

El cerebro

El cerebro humano es una máquina mucho más impresionante que el genoma. Si os gustan las medidas cuantitativas, tiene billones de sinapsis en lugar de miles de millones de bases y su peso se mide en kilos en vez de en microgramos. Si preferís la geometría, es una máquina analógica tridimensional en vez de una digital bidimensional. Si os gusta la termodinámica, genera grandes cantidades de calor mientras funciona, como una máquina de vapor. Para los bioquímicos, requiere muchas miles de proteínas, neurotransmisores y otras sustancias químicas diferentes, no solamente los cuatro nucleótidos del ADN. Para los impacientes, cambia literalmente mientras observas, ya que las sinapsis se alteran para crear memorias aprendidas, en tanto que el genoma cambia mucho más despacio que un glaciar. Para los amantes del libre albedrío, la poda de las redes nerviosas de nuestro cerebro, a cargo del implacable jardinero llamado experiencia, es vital para el adecuado funcionamiento del órgano, mientras que los genomas expresan sus mensajes de una forma predeterminada con una flexibilidad comparativamente pequeña.

Genoma, Matt Riddley

1 nov 2009

Give peace a chance

There is always a way when things look like there’s no way. There’s a way to do the impossible, to survive the in survivable. There’s always a way. And you, you and I have this in common. We’re inspired. In the face of the impossible, we’re inspired.

O anteollo de ámbar



Nun val á sombra dos rododendros, preto da liña das neves perpetuas, por onde corría un regato coa cor leitosa das augas do desxeo, e no cal as pombas e os liñaceiros voaban por entre inmensos piñeiros, había unha cova medio oculta por un penedo que tiña enriba e pola mesta e irta follaxe que se amoreaba debaixo dela.


Trala publicación de “A aurora boreal” e “O coitelo sutil”, este derradeiro volume da triloxía ‘A materia escura’ transcorre entre o noso propio universo e outros moitos. A primeira parte estaba ambientada na época vitoriana, onde mandaban os férreos corsés da moral e das crenzas. A seguinte aventura transcorría no mundo actual coñecido. Nesta terceira entrega, Lyra e Will irán atopando todas as respostas aos enigmas que os envolven, e descubrirán por que foron eles os elixidos para desvelar o gran segredo. Despois da gran guerra terán que afrontar o seu propio destino.
...Máis espías, aliados, inimigos e criaturas fascinantes. Novas viaxes cheas de perigos e arriscadas misións de rescate. A ciencia e a conciencia. A divinidade. Vida e morte. Amores imposibles. Mundos que se separan. Todos estes ingredientes, e máis, manteñen e mesmo incrementan o nivel de intriga nunha lectura apaixoante. Os 38 capítulos deste libro van encabezados por citas de autores e obras senlleiras, o que lle confire un maior calado intelectual.
Persiste a rebeldía dos protagonistas, a reflexión en torno a conceptos filosóficos, a curiosidade científica e as dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío. Philip Pullman tece, nesta saga, unha emocionante rede de historias que se mesturan no tempo e no espazo con dinamismo e orixinalidade argumental.

Faktoría K de libros