Mostrando entradas con la etiqueta A lista dos 18. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A lista dos 18. Mostrar todas las entradas

12 dic 2009

A falta de pan, boas son galletas

Ves, se ao final non me vai dar tempo a rematar a lista. A Londres xa non vou, non sei se haberá por aquí unha rúa que se chame Londres, e xa me conformaba... A paralela á Berlín en Santiago, xa está! :).
E se consideramos que aos Pirufláuticos importantes internacionalmente... :D
O xersei de lana pódoo comprar, e a asignatura suspensa... déixame esperar que nunca se sabe.
Xa sei que facer trampas non está ben, pero tamén hai que ter en conta de que algunhas cousas si que as cumprín, como a curta de Lorena correndo polo monte ou o camiño de Santiago, que xa é bastante importante XD

22 feb 2009

E fáltanme... 402 días para os 18

Estaba durmindo tan mal que me parece que recordei toda a miña vida. E de entre todo eso a lista dos 18, e dinme conta conta de que xa teño feitas tres cousas:
Toquei a guitarra en público o 20.2.09
Xa teño un portátil (non sei desde que día, déixame que mire... vale xa está) desde o 16.1.09
E teño un árbol plantado desde non sei cando, pero é un castiñeiro dunha castaña que agomou na bolsa :)



=D

13 dic 2008

Unha meta ^^

Preséntovos a miña lista de 18 cousas a facer antes dos 18 (: Está sen terminar, pero pronto estará lista XD

18 COUSAS QUE TEÑO QUE FACER ANTES DE CUMPLIR 18 ANOS

por Elvira Blanco

1. Terminar a miña lista de libros.

2. Visitar Londres.

3. Ir a un concerto de importancia internacional.

4. Suspender a avaliación dunha asignatura.

5. Tocar a guitarra en público.

6. Gravar unha curta na que se vexa a Lorena correndo por un bosque e despois pelexando con espadas.

7. Ter un iPod.

8. Pasar unha noite esperta.

9. Cortarme eu o meu propio pelo.

10. Facer o camiño de Santiago desde O Cebreiro.

11. Comprar un ordenador portátil.

12. Ir á praia no inverno en bañador.

13. Plantar unha árbore.

14. Facerme un xersei de lana.

15.

16.

17.

18. Cumprir esta lista.