28 feb 2008

Irmaus

Obxetivo:


Ó teclado, Fátima; Elvira e Lorena ás guitarras; Raquel coa pandeireta; coa botella de anís Noemi; Joserra coas castañolas (ou vieiras, aínda non está moi claro) e Adri será a voz principal.


Conseguiremos para dentro de dúas semanas o que lle poderíamos chamar unha "maqueta"? Non sei, pero é unha boa pregunta =)

25 feb 2008

A península de Barbanza rexistrou un tremor de terra de 3,5


O epicentro do tremor, que non causou danos, situouse no mar, fronte ao cabo de Corrubedo

A península de Barbanza rexistrou un tremor de terra de 3,5 sobre as 16.29 horas. tal e como informa a edición da Voz na zona e confirmou pouco despois o Instituto Xeográfico Nacional. O epicentro situouse a -9.22 graos de lonxitude e 42.62 de latitude, é dicir, no mar, fronte ao cabo de Corrubedo. Numerosos veciños notaron o tremor en Boiro, A Pobra, Ribeira e ata Porto do Son. A pesar de non causar danos, trátase dun dos tremores máis importantes dos últimos rexistrados nos sismógrafos do Instituto Xeográfico Nacional.



A nós cadrounos na clase de Bioloxía. Vaia risas. Fátima toda asustada, e Miguel e Mateo debaixo das mesas de cachondeo =)

11 feb 2008

Árbore de San Valentín

Aproxímase San Valentín(valga o Corte Inglés xD) e xorden os comentarios de todos os anos, tipo "Non van organizar o das cartas?" "Mi cumple!:)" "Molaría o das cartas" "Pois vaia merda!!" E nós, non porque lle deamos máis importancia ó 14 de febreiro que a calquera outro día do ano, senón porque aprobeitamos a oportunidade de perder clases, pasámonos dúas horas facendo pónlas da árbore de San Valentín. Non, si a idea era orixinal. A intención era que a xente puxera as súas mensaxes de amor no tronco, como jravados cunha navalla. Xa digo a "intención", porque alí, de amor aínda bueno, pero de mensaxes... Os típicos "MenganitoXFulanita 4eVeR" ou "MeNGaNiTa X FUlAnITa fRIendS x100pre" E as profesoras que tiñan medo de que puxeran insultos...
Bueno, que poñan o que queiran! O conto e que pasamos dúas horas de traballo, fobia á escaleira e suor, pero sobre todo chistes malos e risas :D

31 ene 2008

29 ene 2008

A MULLER QUE VIVÍA NO FUTURO

Hai moito tempo sucedeu algo.
Naceu unha nena que vivía no futuro.
Puxéronlle de nome Manhá e a xente non se explicaba como sucedera aquilo.
Manhá chegaba á primavera antes que as flores.
E antes de que chegase o inverno, as mans de Manhá xa estaba frías.
Como ela vivía no futuro, toda a xente era como dunha época pasada.
Ela daba as respostas antes de saber as preguntas.
E dicía cousas que ninguén nunca imaxinara.
Cando Manhá ollaba cara atrás, todo estaba moi lonxe.
E a sombra da muller que vivía no futuro ía varias horas de sol adiantada.
As casas novas volvíanse antigas cando pasaba ao seu lado.
As mazás oxidábanse nas súas mans.
Manhá nunca estaba aquí e agora.
O día que Manhá morreu, a xente deixou de vivir no pasado.


Séchu Sende, Made in Galiza

19 ene 2008