O outro día púxenme a tocar (por chamarlle dalgunha maneira) a guitarra e, nada máis comezar, notei como me doían os dedos. Non era a dor de sempre, a de cando levas horas e horas tocando e xa non podes nin sentir as cordas. Era como se me cravasen agullas. E iso era o que pasaba. Unha das cordas metálicas comezara a desenroscarse por varios sitios.
Non me explicaba como puidera pasar iso. Repetíame que era imposible, que non tiñan tanto tempo as cordas. Pero non era así. A guitarra está a punto de cumprir tres anos na casa. E non tres anos de estar arrimada á parede. Tres anos de uso continuado, día tras día. E claro, véñenme á memoria todos eses momentos arredor das guitarras: os concertos na rúa, O raio que vai de Ortigueira ao Carregal, Irmaus (...), a miña caída na herba a fin de curso de 2009, o entroido de 2009, ¡ay! me sube la bilirrubina, as tardes no xardín do instituto ao sol da primavera, o entroido de 2010, aunque no puedas mirar hacia el sol sabes que sigue brillando...
E é que o tempo pasa moi rápido. Parece que foi onte cando nos poñíamos bolígrafos no pelo nas horas de estudo, cando riamos ao fondo da clase mentres nos pintábamos con rotuladores, ou cando xogabámos a afundi-la flota en TICs, ou cando disctuíamos sobre se se podía pintar xirafas ou non nos exames de selectivo.
Xa sei que é unha entrada nostálxica, pero é culpa das visitas ao instituto destes días, de velos a todos outra vez e de escoitar "Bueno, xa nos volveremos ver!". Tamén é culpa de Héctor e Jonathan, que fixeron unha reflexión demasiado comprometedora no autobús. Si, todos imos botar en falta o instituto, a proximidade dos profesores e o ritmo das clases de bacharelato. Pero aquí comeza unha nova vida.
Non creo que se trate de borrar todo o de antes, senón de ir sumando. E se tanta xente pasou por aí, maloserá que nós non o fagamos tamén :-D.
E canto tempo vai desto? :) |
2 comentarios:
:______
tiiiiiics jajajajajjjaja
*_*
Publicar un comentario